Estatuto de Autonomía de Cantabria

O Estatuto de Autonomía de Cantabria é a norma institucional básica da comunidade autónoma de Cantabria, en España. Determina as competencias, órganos e institucións de autogoberno da comunidade cántabra. Legalmente, trátase da Lei Orgánica 8/1981, do 30 de decembro de 1981, aprobada o 15 de decembro do mesmo ano no Congreso, publicada no BOE dende o 11 de xaneiro de 1982 e entrou en vigor o 1 de febreiro de 1982 (20 días despois dende a súa publicación).[1] Posteriormente foi modificado para ampliar competencias e definir artigos provisionais.

Cantabria foi unha das primeiras Comunidades Autónomas en ter Estatuto de Autonomía, pois foi aprobado o 30 de decembro de 1981 (xunto con Andalucía e Asturias que o aprobaron o mesmo día) e só por detrás do País Vasco, Cataluña e Galicia.

Notas editar

  1. Moure Romanillo, Alfonso (2002). Cantabria: historia e instituciones. Universidad de Cantabria. p. 249. ISBN 9788481023176. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar