Panglao, oficialmente Municipality of Panglao (en inglés), Munisipalidad sa Panglao (en cebuano), Bayan ng Panglao (en tagalo), é unha municipalidade de 4ª clase da provincia de Bohol, en Filipinas.

Modelo:Xeografía políticaPanglao, Bohol
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 9°34′44″N 123°44′42″L / 9.579, 123.745Coordenadas: 9°34′44″N 123°44′42″L / 9.579, 123.745
EstadoFilipinas
RexiónVisayas Centrais (pt) Traducir
Província das Filipinas (pt) TraducirBohol Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Bil-isan (en) Traducir
Bolod (en) Traducir
Danao (en) Traducir
Doljo (en) Traducir
Libaong (en) Traducir
Looc (en) Traducir
Lourdes (en) Traducir
Poblacion (en) Traducir
Tangnan (en) Traducir
Tawala (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación39.839 (2020) Editar o valor em Wikidata (833,63 hab./km²)
Número de fogares8.694 (2020) Editar o valor em Wikidata
Lingua usadaBoholano dialect (en) Traducir
Lingua cebuana
lingua tagala Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie47,79 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude10 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Dauis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1803 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal6340 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico38 Editar o valor em Wikidata

Páxina webpanglaolgu.gov.ph Editar o valor em Wikidata

Etimoloxía editar

O nome Panglao pode provir do nome que tiña antes da chegada dos españois, Panglawod, que significa "ao mar aberto",[1] ou talvez derive da palabra panggaw, en referencia a unha arte de pesca utilizada polos lugareños.

Xeografía editar

É un dos dous municipios en que se divide a illa de Panglao (o outro é Dauis), e é coñecido polas súas praias para practicar mergullos e os seus hoteis turísticos.[2]

O municipio ocupa a parte suroeste da illa homónima de Panglao, e o seu territorio tamén inclúe tres illas máis pequenas: Balicasag,[3] Gak‑ang e Pontod (tamén chamada Pungtud, e coñecida como Virgin Island).[1]

Na illa de Panglao non hai ríos, nin regatos nin lagos, polo que para consegir auga potábe, o municipio depende de pozos e do mananxial subterráneo de Canhilbas.[1]

A cidade, situada a unha altitude media de 2,0 msnm (máxima 187 m; mínima 0 m), ocupa unha superficie de 47,79 km².[4] Segundo o censo de 2020 contaba cunha poboación de 39 839 habitantes,[5] polo que, nese ano, a súa densidade de poboación era de 83 hab./km².

No municipio de Panglao encóntrase o Aeroporto Internacional de Bohol-Panglao, que funciona como o aeroporto principal de Bohol, e substitúe ao aeroporto de Tagbilaran desde novembro de 2018.

Barangays editar

Panglao divídese administrativamente en 10 barangays ou barrios:

  • Bil-isan (1 000 km², 3 649 hab.)
  • Bolod (320 km², 1 906 hab.)
  • Danao (620 km², 4 935 hab.)
  • Doljo (3 100 km², 3 417 hab.)
  • Libaong (500 km², 2 132 hab.)
  • Looc (1 000 km², 2 543 hab.)
  • Lourdes (410 km², 1 544 hab.)
  • Población (780 km², 5 305 hab.)
  • Tangnan (580 km², 3 645 hb.)
  • Tawala (500 km², 4 477 hab.)
  • Nota: Datos referidos a 2020.[5]

Historia editar

Moito antes da colonización española, a zona xa fora visitada por comerciantes chineses e doutros países asiáticos, como demostran os achados arqueolóxicos de porcelana e de artigos comerciais das dinastías Tang, Song e Ming.[1]
Panglao floreceu durante o goberno do reino de Dapitán, pero as incursiónes dos moluqueños e a conquista de Ternate deron lugar a períodos de despoboación, cando os habitantes da zona fuxiron principalmente a Panay e Mindanao.[1]

Durante o dominio español estableceuse unha misión dos xesuítas que, en 1782 transformose unha parroquia, coñecida como a de Santo Agostiño de Panglawod. En 1803 a cidade foi establecida oficialmente como municipio. A "torre de vigilancia de Panglao" construíuse en 1851. Esta torre, octogonal e de cinco andares é a máis alta das do seu tipo en Filipinas, pero hoxe en día está abandonada.[6]

A cidade de Panglao celebra a súa fiesta nos días 27 e 28 de agosto, en honor do seu padrón Santo Agstiño.[7]

Educación editar

Panglao ten varias institucións educativas, entre elas a Academia San Agustín (Panglao), a Escola Secundaria Nacional Lourdes, o Cristal e-College e escolas primarias en cada barangay,[8] incluída a Escola Primaria Central de Panglao.

Turismo editar

A principal atracción turística de Panglao son as súas praias de area branca, das cales a praia de Alona (Alona beach) é a máis famosa. Esta praia de Alona ten aproximadamente 1 500 m de longo, e está bordeada de palmeiras, centros turísticos e tendas.[9] Porén, recibiu críticas polo seu desenvolvemenrto desenfreado, esquecendo as políticas de desenvolvemento municipal, advertindo contra o amoreamento e que Alona perda á súa imaxe de paraíso. Polo tanto, os gobernos municipal, provincial e nacional desenvoveron un plan para construír un novo aeroporto internacional na illa de Panglao, cunha vía de acceso directa á praia de Alona. Este plan estivo operativo en novembro de 2018. Outras praias son as de Bagobo, Bolod, Danao, Doljo e Momo.

Panglao é famosa polos lugaes de megullo, como Doljo Beach, Garden Eels, Arco Point, Kalipayan, Napaling e Puntod. A parte sur da illa está rodeada de arrecifes relativamente estreitos e pouco profundos (de 5 a 6 m) con acantilados submarinos que se afunden a profundidades de 33 a 56 m.[10] Pódense organizar facilmente excursións a outros sitios de mergullo, incluídas as illlas Balicasag e Pamilacan.

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Panglao. Municipal profile Arquivado 15 de setembro de 2012 en Wayback Machine.. Consultado o 27 de agosto de 2021.
  2. "Discover Panglao Island Bohol". en www.bohol-philippines.com (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2021.
  3. Balicasag Island Arquivado 25 de xuño de 2015 en Wayback Machine..
  4. "2015 Census of Population, Report No. 3 – Population, Land Area, and Population Density" (PDF) Arquivado 25 de maio de 2021 en Wayback Machine.. Philippine Statistics Authority. Quezon City, Philippines. Agosto de 2016. Consultado o 27 de agosto de 2021.
  5. 5,0 5,1 Census of Population (2020). "Region VII (Central Visayas)". Total Population by Province, City, Municipality and Barangay. PSA. Consultado o 27 de agosto de 2021.
  6. "Bohol Panglao Island Travel Guide"[Ligazón morta] (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2021.
  7. Bohol Festivals and Feast Days {{en]].
  8. Un barangay (en tagalo baranggay), tamén coñecido polo seu nome colonial, barrio, é a unidade menor de goberno local en Filipinas, e é o termino nas linguas filipinas equivalente a pobo, distrito ou circunscrición. Os municipios e as cidades das Filipinas comprenden varios barangayes. O termo barangay e a súa estrutura fueron concibidos durante a administración do presidente Ferdinand Marcos, substituíndo aos antigos barrios.
  9. Alona Beach, Panglao Island
  10. Panglao Island Diving.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar