Aeroporto Internacional de Bohol-Panglao

O Aeroporto Internacional de Bohol-Panglao,[1][2] en inglés Bohol–Panglao International Airport; en cebuano Tugpahanang Pangkalibutanon sa Bohol–Panglao; en tagalo Paliparang Pandaigdig ng Bohol–Panglao, código IATA TAG, código ICAO RPSP,[3] e tamén coñecido como Novo Aeroporto Internacional de Bohol (New Bohol International Airport), é un aeroporto internacional da illa de Panglao, na provincia de Bohol, Filipinas.

Aeroporto Internacional de Bohol-Panglao


Vista aérea

IATA: TAG – ICAO: RPSP
Sumario
Coordenadas
Exterior do aeroporto

Substituíu o aeroporto de Tagbilaran para atender o aumento do tráfico de pasaxeiros de Bohol, debido ao turismo.

Este aeroporto é alcumado como o primeiro aeroporto ecolóxico de Filipinas e a porta verde do país.

O aeroporto está clasificado oficialmente como aeroporto internacional pola Autoridade de Aviación Civil de Filipinas.

O aeroporto serve como porta de entrada a Tagbilaran e ao resto do Bohol continental para os viaxeiros aéreos domésticos. Tamén está a menos dunha hora de voo do aeroporto internacional de Mactan–Cebu, que é unha porta de entrada ao centro de Filipinas para turistas internacionais.

Este aeroporto inaugurouse o 27 de novembro de 2018.

  1. "Información sobre el sitio" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2014. Consultado o 27 de agosto de 2021. 
  2. The Report: The Philippines 2012. Oxford Business Group. 1 de xaneiro de 2012. ISBN 978-1-9070-6556-9. Consultado o 27 de agosto de 2021. 
  3. TAWS Airport Database comparison Arquivado 04 de setembro de 2018 en Wayback Machine..

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
editar