Panay
Panay é unha illa filipina do arquipélago das Visayas. Ten 11.514 km². Distínguense na mesma tres rexións: a occidental, con montañas de ata 2.180 m; a chaira central, percorrida polos ríos Sibalom, Jaro e Jalaud; e os outeiros do leste.
Panay | |
---|---|
![]() Localización de Panay | |
![]() Vista da cidade de Iloilo | |
Situación | |
País | ![]() |
Arquipélago | Illas Visayas |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 11°09′N 122°29′L / 11.150, -122.483 |
Xeografía | |
Superficie | 12.297 km² |
Punto máis alto | 2.117 m. Monte Madias |
Demografía | |
Capital | Iloilo city |
Poboación | 4.477.247 hab. (2015) |
As principais cidades son Iloilo e Roxas. A súa economía baséase no sector primario: azucre, arroz, pesca. Tamén se explotan as selvas (ébano) e extráense cobre, carbón, manganeso, cromo e mercurio.
O nome da illa foi dado polos EUA a algúns dos seus barcos, o máis coñecido foi o USS Panay, lancha canoneira do río Yang-Tse-Kiang, que as tropas xaponesas ametrallaron ata afundilo, en decembro de 1937, durante o saqueo de Nankin. O incidente do Panay provocou por milagre só dous mortos nas numerosas persoas de orixe occidental que se refuxiaran a bordo, fuxindo da tolemia sanguenta das tropas xaponesas. Todo o acontecemento foi filmado ao longo por correspondentes de guerra de varios países que estaban a bordo. Un mes despois, as películas difundidas nos EUA durante o período das festas de fin de ano provocaron a ira do pobo e numerosas manifestacións esixindo unha reaccion enérxica do goberno. Roosevelt ameazou ao Xapón con declararlle a guerra, pero o goberno xaponés, ao seu pesar, escusouse abundamente do "erro" dos seus soldados e pagou unha gran multa aos americanos.
Xeografía Editar
O Monte Nangtud, é o punto máis alto na illa de Panay que se atopa a 2.205 m. sobre o nivel do mar. Boracay é unha illa a 2 km ao noroeste e parte da provincia de Aklan, é un destino turístico popular.
Divisións administrativas Editar
A illa está cuberta por 4 provincias, 92 municipios, e desde 2014, 3 cidades (93 municipios se inclúese o grupo de Illas asociadas de Caluya), todas baixo a xurisdición da rexión de Visayas Occidental.
Escudo | Provincia | Poboación (2015) censo [1] |
Superficie | Densidade | Capital | Concellos (incluíndo Illas asociadas*) |
Cidades | Localización |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aklan | 574.823 | Erro de Lua en Módulo:Convert na liña 272: attempt to index local 'cat' (a nil value), | 290 hab/km² | Kalibo | 17 vilas
|
— | ||
Antique | 582.012 | Erro de Lua en Módulo:Convert na liña 272: attempt to index local 'cat' (a nil value), | 200 hab/km² | San Jose de Buenavista | 18 vilas
|
— | ||
Capiz | 761,384 | Erro de Lua en Módulo:Convert na liña 272: attempt to index local 'cat' (a nil value), | 280 hab/km² | Roxas | 16 vilas
|
Roxas | ||
Iloilo | 2.384.415 | Erro de Lua en Módulo:Convert na liña 272: attempt to index local 'cat' (a nil value), | 440 hab/km² | Iloilo City | 42 vilas
|
Iloilo Passi |
||
Escudo | Provincia | Poboación (2015) |
Superficie | Densidade | Capital | concellos | Cidades | Localización |
Notas: O concello de Caluya na provincia de Antique está composta por illas separadas que se inclúen baixo os grupo de illas de Panay. As cifras de Iloilo inclúen a cidade independente de Iloilo. |
Notas Editar
- ↑ "PSGC Interactive; List of Provinces". Philippine Statistics Authority. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2013. Consultado o 29 de marzo de 2016.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Panay |
Bibliografía Editar
- C. Michael Hogan. 2011. Sulu Sea. Encyclopedia of Earth. Eds. P. Saundry & C. J. Cleveland. Washington DC