Palmeira de abano mexicana

especie de planta
Palmeira de abano mexicana

Palmeiras de abano mexicanas plantadas no Xardín Botánico do Condado dos Ánxeles.
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Commelinidae
Orde: Arecales
Familia: Arecaceae
Subfamilia: Coryphoideae
Tribo: Corypheae
Subtribo: Livistoninae
Xénero: Washingtonia
Especie: W. robusta
Nome binomial
Washingtonia robusta
H.Wendl.

A palmeira de abano mexicana (Washingtonia robusta) é unha especie de palmeira pertencente á familia Arecaceae. Atopamos algúns exemplares illados ornamentais en Galiza, especialmente en pazos e xardinaxe urbana.

Pazo de Ortigueira, en Vedra, ao fondo á dereita, dous exemplares de palmeira de abano mexicana

Descrición

editar

É unha palmeira da familia das aceráceas, cun toro rexo, esvelto e simple de até 35 metros de altura, engrosado na base, revestido polos restos das follas xa secas que forman un característico aditamento, aínda que desaparece co tempo.

Presenta follas en abano, con fíos brancos e longos cando é nova, que desaparecen coa idade, divididas case até a metade, con segmentos pendentes, con pecíolos longos de bordos espiñentos. Inflorescencia na base das follas inferiores, ramificada e pénsil. Froitos esféricos, numerosos, de cor negra de 0.5 cm de diámetro.

É unha especie moi variábel por mor a que posibelmente hibrida coa palmeira de California (Washingtonia filifera) dando lugar a exemplares de características intermedias.

Distribución

editar

É unha palmeira orixinaria do sur da península da Baixa California, México, onde medra en abundancia en cavorcos e canóns con auga corrente, aínda que de xeito esporádico se atopa tamén na metade da mesma península e algúns sitios de Sonora.

Cultivo e usos

editar

Mentres que Washingtonia filifera resiste mellor as xeadas e se adapta mellor aos climas de interior; Washingtonia robusta adáptase mellor a solos arxilosos e húmidos, mais se ten cultivado no suroeste de Estados Unidos, California, Arizona, sur de Nevada, e sur de Novo México. Tamén ao longo da costa do golfo de México desde Texas e Luisiana até a Florida, incluso na cidade de México. En España é común ao londo da costa mediterránea, con bos exemplares esveltos en Sevilla, Málaga e Barcelona. En Galiza non é moi común, aínda que pode aturar o clima da costa.

Exemplares senlleiros en Galiza

editar

As palmeiras de abano mexicanas do Pazo de Santa Cruz, en Vedra (A Coruña), figuran no catálogo de árbores senlleiras de Galicia, elaborado pola Xunta de Galicia.

Taxonomía

editar

Washingtonia robusta foi descrita por (Lindl.) H.Wendl. e publicado en Botanische Zeitung (Berlin) 37(5): 68. 1879.[1]

Etimoloxía

Washingtonia: nome xenérico que leva o nome de George Washington, robusta: epíteto latino que significa "robusta".[2]

Sinonimia
  • Neowashingtonia robusta (H.Wendl.) A.Heller
  • Washingtonia sonorae S.Watson[3]
  • Brahea robusta Voss
  • Neowashingtonia robusta (H.Wendl.) A.Heller
  • Neowashingtonia sonorae (S.Watson) Rose
  • Pritchardia robusta (H.Wendl.) Schröt.
  • Washingtonia filifera var. gracilis (Parish) L.D.Benson
  • Washingtonia filifera var. robusta (H.Wendl.) Parish
  • Washingtonia filifera var. sonorae (S.Watson) M.E.Jones
  • Washingtonia gracilis Parish
  • Washingtonia robusta var. gracilis (Parish) Parish ex Becc.
  • Washingtonia sonorae S.Watson[4]

Galería de imaxes

editar
  1. "Palmeira de abano mexicana". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 30 de outubro de 2012. 
  2. en Epítetos Botánicos
  3. Datos de USDA[Ligazón morta]
  4. "Washingtonia robusta H.Wendl". www.catalogueoflife.org. Consultado o 2022-02-21. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar