Palma de Guinea
Palma de Guinea | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ilustración de Koeh: Elaeis oleifera | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Case ameazada | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Elaeis guineensis Jacq. 1897 | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
A palma de Guinea,[2] palma aceiteira ou dendeceiro (Elaeis guineensis), é unha especie de palmeira do xénero Elaeis cultivada para a produción aceiteira.
Etimoloxía
editarO nome xenérico Elaeis deriva do grego Eleia = oliva, polos seus froito ricos en aceite. O nome específico guineensis débese á procedencia da súa zona de orixe en Guinea.[3]
Características
editarComo todas as especies do seu xénero Elaeis posúe un tronco (estipe) alto e único.
As inflorescencias prodúcense nas axilas das follas, estas son grandes e de tipo pinnado composto, con folíolos que parten dende o raque sobre dous planos regulares. Os folíolos son lanceolados.
É unha planta perenne, acadando máis de cen anos, mais baxio cultivo só se lle permite chegar até os 25 anos, que é cando acada os 12 m de altura. En estado natural chega a superar os 40 metros.
O froitos agrúpanse nunha fruticencia, unha drupa, cubertos cun tecido ceroso chamado exocarpo, unha polpa denominada mesocarpo e unha estrutura dura e redonda, en cuxo interior se aloxa unha améndoa, denominada endocarpo, que é a que protexe o embrión.
Os froitos que produce E. guineensis son froitos normais, aínda que ás veces produce froitos brancos caracterizados por non conter nin aceite, nin améndoa, igualmente con pouca frecuencia se producen algúns sen améndoa denominados froitos partenocárpicos, mais son máis comúns en E. oleifera ou no híbrido oleifera × guineensis.
Hábitat
editarÉ unha planta propia da rexión tropical calorosa (selva húmida tropical cálida), medra a altitudes por baixo dos 500 msnm, aínda que se desenvolve ben en illós.
En ocasións sofre graves enfermidades que a mucha, (véxase cultivo).
Sofre a invasión de plantas parasitas, especialmente rubideiras que logran estrangulala até a matar.
Os seus froitos alimentan a moitas aves, mamíferos arborícolas, voadores e rastreiros, así como gran variedade de entomofauna. Os seus troncos e penachos acollen deferentes animais permanente ou transitoriamente.
Historia
editarOs nativos do occidente de África Ecuatorial xa extraían aceite dos seus acios hai uns 5000 anos. É orixinaria do golfo de Guinea.
Foi no século XV cando o seu precultivo como tal, estendeuse a outras rexións de África. Os escravos africanos, antes de embarcalos a América rasurábanos e unxíanos con óleo de palma, e se mantiñan aplicándolles este óleo durante a travesía". Primeiro chega ao Brasil coma fonte de alimento de escravos negros, introducida polos portugueses, mais no século XVI, - é de salientar que xa se empregaba o aceite de Elaeis oleifera en América Tropical-. Nesa mesma época pasa á Asia Oriental (Indonesia, Malaisia etc.)[4][5]
Aínda que Ghesquiére, 1934, considera que primeiro arriba a Martinica e despois de alí pasou ao Brasil.
En Xamaica contra finais do século XV xa se empregaba como alimento e menciña dos escravos[6] leading to social conflict between the plantations and local residents.[7]
Non hai moita seguranza, hai máis ben confusión sobre a presenza ceda desta planta nas Guianas, quizais se trataba de Corozo oleifera, da que se obtiñan daquela produtos oleaxinosos. Só deica 1910, iníciase o cultivo desta planta, inicialmente coidando os "cultivos espontáneos", e despois iniciando plantacións na illa de Sumatra, ao utilizar exemplares provenientes de catro exemplares do Xardín Botánico de Buitenzorg (Bogor), en 1848. Introducida tamén no Xardín Botánico de Singapur a través de sementes obtidas do Ceilán en 1875.
No Xardín Botánico de Trindade foi introducida a mediados do século XIX, de sementes provenientes de Calcuta e Buitonzorg.
En Malaisia é introducida a palma como planta ornamental, despois da primeira guerra mundial o cultivo se establece como tal, logrando ser un dos maiores do mundo[8]
Cara 1930, en Honduras existía un cultivo ben organizado no Xardín Botánico de Lancetilla.
En Venezuela esta planta exótica coñécese en 1929, a primeira plantación comercial establécese na conca do río Yaracuy en 1940, de sementes do Congo e Haíti.
A Centroamérica provén de materiais asiáticos, introducidos por compañías multinacionais froiteras. Foi introducida en Colombia con fins ornamentais en 1932 na Estación Agrícola de Palmira (Valle del Cauca), mais o cultivo só comezaría contra 1945 cando a multinacional United Fruit Company establece un cultivo na zona bananeira da Magdalena. Mais até despois de 1950 as políticas de substitución de importacións impulsan o cultivo de palma de aceite por todo o país.[9]
Partes do froito
editar- Exocarpo ou epicarpo
- Mesocarpo ou polpa
- Endocarpo ou carabuña
- Endospermo ou améndoa / pebida
- Embrión
Cultivo
editarA palma de aceite é un cultivo perenne e rendemento longo e serodio, xa que a súa vida produtiva pode durar máis de 50 anos, aínda que a partir dos 25-30 anos dificúltase a súa colleita pola altura do talo, chega a acadar os 20 metros.
Comeza a producir froitos a partir dos dous anos e medio tras a sementeira , e se adoitan utilizar palmas de viveiro de 12 meses de idade que acadan a súa maior produción entre os 20 e 30 anos, despois do cal declinan e deixan de seren rendíbeis, especialmente pola altura á que se atopan os froitos. Non é a única palmeira de aceite, hoxe de feito hai cruzamentos entre especies.
O pericarpo está conformado polo epicarpo e mesocarpo xuntos, de onde se extrae a maior proporción de aceite. O froito maduro é de cor vermella amarelada, cun peso de 10 g e forma ovalada de 3 a 5 cm de longo; unha palma pode producir de 12 a 13 acios/ano, con peso medio de 20 a 30 kg, de 1.000 a 3.000 froitos por acio e un rendemento industrial que varía entre o 20 e 25% do peso en kg de aceite por acio.
A demanda do aceite de palma incrementouse recentemente por mor a seu uso coma biofuel,[10] porén tal incremento produce tantos impactos ambientais que causa unha disputa alimento vs. fuel forzando a algúns países desenvolvidos a reconsiderar as súas políticas sobre biofuel para perfeccionar os estándares e asegurar a sostibilidade.[11]
Enfermidades
editarA palma de Guinea sofre varias doenzas especialmente nos países tropicais de América Latina, como a podremia do corazón causada por Phytophthora palmivora, o murchamento sorpresivo asociada con protozoarios flaxelados e o anel vermello causado polo nematodo Bursaphelenchus cocophilus.
Propiedades
editarTanto a parte carnosa externa como a sementes son comestíbeis crúas. De ambas as dúas extráese o óleo. O aceite de palma é obtido por cocedura da parte carnosa despois de ser esmagada e é un elemento básico na cociña, ademais de ser moi apreciado en cosmética e farmacia. Unha incisión na base da inflorescencia zumega un líquido chamado viño de palma ou topé.[12]
Este aceite por mor á súa alta proporción de graxas saturadas na súa composición se lle atribúen propiedades negativas para a saúde humana xa que o seu consumo prolongado e abundante pode subir a proporción de colesterol LDL no sangue.[13]
Notas
editar- ↑ "Sinónimos en Catalogue of life". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2009. Consultado o 05 de agosto de 2013.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guineano.
- ↑ Collins Guide to Tropical Plants, ISBN 0-00-219112-1
- ↑ "The Last Stand of the Orangutan". UNEP. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2008. Consultado o 1 dec 2007.
- ↑ "Cut Down Oil Palm on River Banks, Plantations Warned". New Straits Times. Consultado o 1º dec 2007.
- ↑ "Oro Landowners' Declaration on Large-Scale Commercial Extraction of Natural Resources and the Expansion of Oil Palm Nucleus Estates". Forest Peoples Programme. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2008. Consultado o 29 nov 2007.
- ↑ "Palm oil cultivation for biofuel blocks return of displaced people in Colombia" (PDF). iDMC. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de novembro de 2007. Consultado o 29 nov 2007.
- ↑ "Palm oil - rainforest in your shopping". Friends of the Earth. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2007. Consultado o 29 nov 2007.
- ↑ "Table 3-51.—Fats, oils, and oilseeds (fat or oil equivalent): World production, 1999–2000/2002–2003" (PDF). Agricultural Statistics 2004. United States Department of Agriculture. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de abril de 2008. Consultado o 05 de agosto de 2013.
- ↑ "Eco-conscious palm oil". The Star Malaysia. Arquivado dende o orixinal o 17-05-2008. Consultado o 14-01-2008.
- ↑ "EU rethinks biofuels guidelines". BBC. Consultado o 14 de xaneiro de 2008.
- ↑ Elaeis guineensis en el Muse virtual de la Ciencia
- ↑ "El aceite de palma no es un sucedáneo saludable de los ácidos grasos trans". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2010. Consultado o 05 de agosto de 2013.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Palma de Guinea |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Palma de Guinea |