Epicarpo

(Redirección desde «Exocarpo»)

O epicarpo (do grego epi "sobre" + karpós "froito", ás veces denominado exocarpo de exo, "exterior") é a tona do pericarpo que adoita protexer ao froito do exterior. O epicarpo forma a epiderme protectora do froito que, a miúdo, contén glándulas con esencias e pigmentos. En moitas froitas chámase comunmente pela ou carapa.

O epicarpo ten como compoñente principal material a celulosa mais tamén contén outros compoñentes, tales como aceites esenciais, ceras de parafina, esteroides e triterpenoides, ácidos graxos, pigmentos (carotenoides, flavonoides), principios amargos e encimas.

Noscítricos, a carapela constitúe a superficie do pericarpo. Está composto por unhas cantas camadas de células que se fan progresivamente máis grosas na parte interna; a tona epidérmica cóbrese con cera e contén poucos estomas. Cando o froito está chegado, as células desta pela conteñen carotenoides (principalmente xantofilas) dentro de cromoplastos que, en estados iniciais, contiñan clorofila. Este feito é o responsábel do cambio de cor de moitos froitos de verde a amarelos ou vermello ao madurararen. A rexión interna da casca é rica en corpos multicelulares con formas esféricas ou piriformes, que están cheas de aceites esenciais recendentes.

Nas bagas, coma o tomate, o epicarpo é moi magro. Nos hesperidios, coma a laranxa, o epicarpo (monda) é relativamente carnoso e con glándulas de esencia. En pepónides, coma o melón, o epicarpo preséntase moi endurecido. En drupas, como a ameixa, o epicarpo é magro, porén menos que no caso das bagas.