Pinnado (feminino pinnada),[1] derivado do adxectivo latino pinnātus, -a, -um, "con ás ou aletas", é un termo botánico, xa empregado por Linneo.

Folla pinnaticomposta, paripinnada e opositipinnada
Folla pinnaticomposta, imparipinnada e alternipinnada
Folla de Cocos nucifera, pinnatisecta.

O termo designa aqueles órganos foliáceos ou laminares que posúen folíolos máis ou menos numerosos —sempre máis de tres— aos lados dun eixe principal —o raque—,[2] a modo das barbas das plumas das aves.[3][4]

Termos derivados editar

De pinnado derívanse o prefixo pinnati- e os sufixos -pinnado e -pinnada, cos que se compoñen distintos termos relacionados coas follas:

Con pinnati- editar

  • Follas pinnaticompostas: son as follas que se estruturan de forma pinnada, é dicir, follas compostas con numerosos folíolos ao longo do raque, que poden ser:[5]
  • Pinnatidividido: órgano foliáceo dividido segundo os nervios pinnados.[3]
  • Pinnatífido: órgano foliáceo pinnado con marxe fendida como moito até a metade do semilimbo.[3][6]
  • Pinnatinervio: nervio do órgano foliáceo composto por un eixe central e nervios secundarios que parten a ambos os lados de aquel. É o tipo de nervios da gran maioría das dicotiledóneas, cuxa ramificación é monopódica e racemosa].[3]
  • Pinnatipartido: órgano foliáceo de nervadura pinnada con marxe fendida até máis alá da metade do semilimbo, pero sen alcanzar o nervio principal ou raquídeo.[3]
  • Pinnatisecto: órgano foliáceo de nervadura pinnada con marxe tan fendida que alcanza o nervio medio. As follas desta forma son sempre follas compostas. Por exemplo as follas da tomateira, do perexil, ou do fiúncho. Porén, as follas do mexacán, que pudieran parecer pinnatisectas, son runcinadas.[3][7]
 
Folla bipinnada de Acacia nilotica.

Con -pinnado editar

Pode ocorrer que unha folla au outro órgano laminar se divida pinnadamente e que cada folíolo sexa, á súa vez, pinnado; entón fálase de órgano bipinnado. Se a división continúa, pode ser tripinnado. Neste caso, o prefixo é bipinnati- ou tripinnati-, de forma que poden ser bipinnaticomposto —como sinónimo de bipinnado—, bipinnatífido —dúas veces pinnatífido—, bipinnatipartido —dúas veces pinnatipartido—, bipinnatisecto —dúas veces pinnatisecto— e de igual forma se aplica co prefixo tri-.[8]

Con -pinnada editar

  • Imparipinnada: posúen un último folíolo que remata ao final do raque, polo que o seu número é impar.[9][10]
  • Paripinnada: sen folíolo terminal, polo que o número de folíolos é par. Pode terminar en gabiáns —foja cirrosa—, nunha pequena aresta, ou noutras estruturas.[11] Son paripinnadas as follas da alfarrobeira e o lentisco, por exemplo.[12]
  • Opositipinnada: os folíolos dispóñense de forma oposta ao longo do raque, os folíolos parten do mesmo lugar no raque.[13]
  • Alternipinnada: os folíolos sitúanse de forma alterna ao longo do raque, é dicir, entre cada dous dun lado hai un no lado oposto.[14]

Notas editar

  1. pinnado, pinnada no Dicionario da RAG.
  2. raque, 3ª acep. no Dicionario da RAG.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Font Quer, P. (1982) p. 836
  4. Allaby, M. (1984) p. 309
  5. Font Quer, P. (1982) p. 836
  6. Allaby, M. (1984) p. 309
  7. Polunin, O. (1991) p. 550
  8. Font Quer, P. (1982) p. 140
  9. Font Quer, P. (1982) p. 611
  10. Lancha e Sempere (1988) p. 214
  11. Font Quer, P. (1982) p. 223
  12. Font Quer, P. (1982) p. 805
  13. Font Quer, P. (1982) p. 777
  14. Font Quer, P. (1982) p. 42

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Allaby, M. (1984): Diccionario del Medio Ambiente. Madrid: Pirámide. ISBN 978-84-3680-249-8.
  • Font Quer, P. (1982): Diccionario de Botánica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3355-804-8.
  • Lancha, José Manuel e Teresa Sempere (2000): Diccionario de ciencias naturales: Usos y etimologías. México, D.F.: Siglo XXI Editores. ISBN 978-96-8232-089-7.
  • Polunin, O. (1991): Guía de campo de las flores de Europa. 4ª edición. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-378-4.