Palmípedes
Palmipedes

Lavanco macho, un palmípede
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Palmipedes Cuvier, 1805[1]
(Obsoleto)
Hoxe Anseriformes
Wagler, 1831
Sinonimia
  • Natatores

Os palmípedes son aves acuáticas con patas palmadas.[2]

Polo tanto este termo refírese xeralmente aos cisnes, gansos e patos.

O termo está testemuñado en Nature des oyseaux de Pierre Belon, unha clasificación publicada en 1555.[3] É un préstamo do latín palmipes, -edis "que ten o pé palmado", que tomou P. Belon na páxina 197 do texto citado. A orde foi creada por Georges Cuvier en 1805, e asumido na clasificación de Richard Bowdler Sharpe até finais do século XIX.

A clasificación de Cuvier editar

Desde un punto de vista sistemático, os palmípedes (Palmipedes) son un dos seis grupos de aves definidos por Cuvier segundo os seguintes criterios:

  • pescozo máis longo que as patas;
  • pés palmados, é dicir, que unha membrana une os dedos entre si (non sempre en toda a súa lonxitude);
  • plumaxe recuberta dunha secreción que a fai impermeábel.

As familias eran as seguintes:

Como se pode ver, este grupo reúne especies filoxeneticamente moi distantes, e os caracteres compartidos corresponden a converxencias adaptativas vinculadas ao modo de vida acuático.

Notas editar

  1. G. Cuvier (1805): Anat. comp., T. 1, p. 408.
  2. palmípede no Dicionario da RAG.
  3. Palmipèdes en cnrtl.fr.