Chámase palio,[1] ou baldaquino,[2] a un dosel (especie de toldo) que, sostido por varais, utilízase nas procesións para resgardar ao sacerdote que leva ao Santísimo Sacramento, reliquias ou imaxes. Adoita estar bordado ricamente.

Procesión co Santísimo Sacramento baixo palio no Congreso Eucarístico de Charlotte, Carolina do Norte, Estados Unidos (2005)

Para o mesmo efecto usábano tamén os reis, o papa e outros prelados en certas funcións e na súa entrada pública nas cidades. É costume que o arcebispo arquidiocesano e o bispo diocesano, ao tomaren posesión das súas catedrais, fagan o seu primeiro ingreso solemne baixo palio.

O palio, tal como se coñece na Igrexa católica, é un pano rectangular, sostido por catro ou máis varais, sempre en número par, que van unidas aos lados máis longos daquel. Distínguense o sinxelo e o armado nun bastidor rectangular.

Orixe editar

A orixe do palio puido ser o dosel que quizais debeu gorecer antes o trono dos reis e a cadeira papal.

Non falta quen crea que ese modo de expresión dun respecto relixioso ten a súa orixe nos pobos asiáticos, polo seguinte:

  • Estes acostumaban colocar ás súas divindades baixo palios, a falta de templos, que a súa vida errante non lles permitía ter, até que construíron casas e cidades.
  • A forma primitiva do palio é a tenda, cuxo recordo tardou moito tempo en desaparecer, pois o hombre opulento rodeou de cortinas seu leito.

Recorda en certo modo a tenda na que repousaba a Arca da Alianza, que contiña as Táboas da Lei durante o éxodo do pobo de Israel no deserto.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Diccionario Enciclopédico Hispano-Americano de Literatura, Ciencias y Artes. Tomo décimocuarto. Barcelona: Montaner y Simón Editores, 1894.