Padornelo, Pedrafita do Cebreiro
parroquia civil do concello de Pedrafita do Cebreiro
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Padornelo.
San Xoán de Padornelo é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 123 habitantes (66 homes e 57 mulleres).
Padornelo | |
---|---|
Concello | Pedrafita do Cebreiro[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°42′43″N 7°07′22″O / 42.71187851, -7.12276697Coordenadas: 42°42′43″N 7°07′22″O / 42.71187851, -7.12276697 |
Poboación | 95 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
HistoriaEditar
O burgo de Padornelo foi cedido por Oveco Sánchez a Diego Xelmírez e na súa igrexa houbo unha encomenda da Orde de San Xoán de Malta.
PatrimonioEditar
A igrexa parroquial de San Xoán de Padornelo, do século XV, ten planta rectangular, muros de cachotaría e cuberta de lousa. Ten entrada lateral por un cabido cuberto. O campanario está coroado por un remate triangular. No interior hai un retablo barroco do século XVII, e varias esculturas.
Localidade anterior: Hospital, Pedrafita do Cebreiro a 2,5 km → |
Camiño de Santiago (Camiño Francés) Padornelo, Pedrafita do Cebreiro (1.283 msnm) 147 km á Catedral de Santiago de Compostela |
Seguinte localidade: Fonfría, Pedrafita do Cebreiro → a 3,5 km |
Padornelo na literatura popularEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de PadorneloEditar
Lugares da parroquia de Padornelo no concello de Pedrafita do Cebreiro (Lugo) | |
---|---|
Busmullán | O Lago | A Mata | Modreiro | Padornelo | Pallarvello | A Porfía | Sabugos | Temple | Vilanova | Vilasol | Vilaverde |
Parroquias de Pedrafita do CebreiroEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 122. A cantiga recolle o sentir dun segador galego ó seu regreso de Castela, no momento de entrar en Galicia. Xaquín Lorenzo explica que non se trata da Cruz de Ferro situada en Foncebadón, entre Astorga e Ponferrada, senón da Cruz de Portela de Padornelo, en Pedrafita do Cebreiro, que é de pedra, a uns 37 km da Gudiña. Os labregos que ían á sega a Castela deixaban unha pedra ó pé desta cruz e, á volta, deixaban a fouce como exvoto na ermida da Nosa Señora das Angustias, que está ó seu carón.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 126.