Pacios, Pedrafita do Cebreiro
parroquia civil do concello de Pedrafita do Cebreiro
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pacios.
San Lourenzo de Pacios é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 68 habitantes (37 homes e 31 mulleres).
Pacios | |
---|---|
Concello | Pedrafita do Cebreiro[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°41′07″N 7°06′38″O / 42.6853, -7.1106 |
Poboación | 56 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA Casa Grande de Pacios tiña vínculo e morgado fundados no 1696, gozando os seus donos de poder civil e criminal no coto. Actualmente, o pazo está adherido á igrexa parroquial.
Patrimonio
editarA igrexa de San Lourenzo de Pacios é de planta irregular, muros de cachotaría e cuberta de lousa a dúas e catro augas. Posúe torre cadrada de tres corpos e no interior retablos e esculturas.
Lugares e parroquias
editarLugares de Pacios
editarLugares da parroquia de Pacios no concello de Pedrafita do Cebreiro (Lugo) | |
---|---|