Paciños, Requeixo de Valverde, Allariz
Paciños é un lugar da parroquia de Requeixo de Valverde, no concello de Allariz. Segundo o IGE en 2010 tiña 26 habitantes (15 homes e 11 mulleres).
Paciños | |
---|---|
![]() Vista de Paciños dende Vilariño do Río. | |
Parroquia | Requeixo de Valverde |
Concello | Allariz |
Poboación | 19 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
SituaciónEditar
Paciños sitúase a 540 m de altitude na marxe esquerda do río Arnoia; o pé da cadea montañosa formada polos montes de Porqueira (726 m), O Castro (754 m) e As Lombas de Casnaloba (772 m).
Núcleos de poboaciónEditar
O que se coñece popularmente como Paciños é en realidade a suma de tres núcleos: Desder (o máis oriental do concello), Paciños e o San Ramón. Neste último localízase unha capela na que cada 31 de agosto se celebra unha procesión en honor a San Ramón e dende a que se pode desfrutar de vista de toda a contorna.
ComunicaciónsEditar
Paciños está conectado coa estrada local OU-0108 (coñecida en Allariz como Estrada de Xunqueira) que comunica a N-525 á altura de Allariz con Maceda.
ActividadesEditar
Na beira da estrada de Xunqueira localízase a Fundación Ramón González Ferreiro adicada a impartir durante o ano cursos de Formación Profesional de Deseño e Moda e a campamentos e actividades lúdicas no verán.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de Requeixo de ValverdeEditar
Lugares da parroquia de Requeixo de Valverde no concello de Allariz (Ourense) | |
---|---|