Jaime Pacheco

fotógrafo galego
(Redirixido desde "Pacheco")

Jaime de Sousa Guedes Pacheco, nado en Freixo de Espada à Cinta (Tras os Montes) en 1878 e finado en Vigo o 29 de abril de 1954,[1] foi un fotógrafo galego.

Jaime Pacheco
Nacemento1878
 Freixo de Espada à Cinta
Falecemento29 de abril de 1954
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfotógrafo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Iniciouse na fotografía co seu irmán Xosé Pacheco en Ourense e formou unha sociedade cinematográfica con Xosé Gil en 1899, con quen realizou exhibicións en Celanova, Verín, Braga, Porto e Lisboa. En 1907 asociouse en Vigo co estudo fotográfico de Cándida Otero, viúva de Filippo Prosperi. Co falecemento desta en 1915, a galería Viuva de Prosperi-Pacheco pasou a ser propiedade exclusiva de Xaime. Foi colaborador gráfico de Faro de Vigo, ABC, Blanco y Negro, Vida Gallega e, principalmente, de El Pueblo Gallego. Especializouse en retratos de estudo de xente anónima e de persoeiros. O seu traballo caracterizouse polo emprego da fotografía como memoria social, especialmente da cidade de Vigo.

Colaborou na ilustración de obras como Catálogo de Vigo (1922)[2] e Vigo en 1927 (1928)[3], editadas por José Cao Moure. Logo do seu falecemento, os seus fillos Alberto e Xaime continuaron co mesmo labor no estudo fotográfico.

O seu traballo, realizado cun equipo de colaboradores, quedou recompilado no Arquivo Pacheco.

Vida persoalEditar

Casou con María Avalle Lago e foi pai de Jaime e Alberto.

NotasEditar

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 30-4-1954, p. 2.
  2. Catálogo de Vigo. Vigo a través de un siglo en Galiciana.
  3. Ficha de Vigo en 1927 en Galiciana.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar