Cándida Filomena Otero Fontán, nada en Pontevedra o 28 de outubro de 1846 e finada en Vigo o 7 de marzo de 1915, foi unha galega pioneira da fotografía profesional.

Infotaula de personaCándida Otero
Biografía
Nacemento28 de outubro de 1846 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de marzo de 1915 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo profesional Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFelipe Prósperi Editar o valor em Wikidata
Fillosnon tivo
Retrato feito por "F. Prosperi y Señora" en 1900. Prosperi morrera en 1899.

Traxectoria editar

Foi a cuarta filla de Isidoro Otero de Dios e de Sebastiana Fontan Barcia. O 25 de setembro de 1869 casou na mesma igrexa na que fora bautizada, San Bartolomeu de Pontevedra, co italiano Felipe Prósperi (1817-1899), moito máis vello ca ela.[1] Instaláronse como fotógrafos, primeiro en Pontevedra, na rúa Parador, e despois en Vigo, na rúa Sombrereros, logo na rúa Triunfo e por último na rúa do Príncipe.

Á morte de Felipe, en 1899, Cándida Otero quedou á fronte do negocio como Viuda de Prósperi. Non tiveran fillos. En 1907 asociouse con Jaime Pacheco, levando a empresa o nome de Pacheco y vda. de Prósperi.[2]

O traballo do matrimonio Prosperi-Otero foi a orixe do que despois se deu en chamar Arquivo Pacheco.[3]

Notas editar

  1. Bará, Milagros (5/8/2018). "Cándida Otero, la primera fotógrafa de Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). 
  2. Padín Ogando, Fernanda. "Cándida Otero (1846-1915)"
  3. Sendón, Manuel; Suárez Canal, Xosé Luis (1990). Arquivo Pacheco, Álbum (en galego e inglés). Centro de Estudos Fotográficos. ISBN 84-404-8386-4. .

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Vídeos externos
  Prado, P. (2014). A lembranza do ollar (III): Filippo Prosperi e Cándida Otero CCG.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar