Paíños chineses
Os paíños chineses son un par de variñas da mesma lonxitude que se empregan como utensilios de cociña e para comer no Extremo Oriente[1] (China, Xapón, Corea do Norte, Corea do Sur e Vietnam), así como en Tailandia, onde están limitados tan só ás sopas e os fideos dende que o rei Chulalongkorn introduciu no século XIX os utensilios occidentais. Usados primeiro polos chineses dende hai polo menos 6000 anos, posteriormente foron adoptados noutros países.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/49/Chopsticks_on_a_dish.jpg/250px-Chopsticks_on_a_dish.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/67/Chopstick_HowToUseThemProperly.jpg/250px-Chopstick_HowToUseThemProperly.jpg)
Os paíños adóitanse fabricar de madeira, bambú, plástico e aceiro inoxidábel. Aínda que non é tan común tamén se poden facer con ouro, prata, porcelana, xade ou marfil.
Notas
editar- ↑ González González, Manuel (2012). Xunta de Galicia, ed. Dicionario de alimentación e restauración. p. 180. ISBN 978-84-453-5056-0. Consultado o 4 de abril de 2023.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paíños chineses |