Xade
mineral
O xade é unha rocha ornamental.[1] O termo xade é aplicado a dúas rochas metamórficas distintas compostas de diferentes minerais silicatados:
- A nefrita consiste nun agregado de fibras entrelazadas microcristalinas de calcio, mineral anfíbolo rico en magnesio-ferro da serie da tremolita (calcio-magnesio)-ferroactinolita (calcio-magnesio-ferro). O membro medio desta serie cunha composición intermedia é chamado actinolita (a forma mineral fibrosa sedosa é unha das formas do asbesto). O membro superior é máis verdoso polo ferro.
- A xadeíta é un piroxeno rico en aluminio e sodio. O mineral utilizado como xema é a forma microcristalina da matriz de cristais entrelazados.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xade.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xade |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- As culturas do xade (en castelán).
- Fontes do Xade Maia (en castelán).