Nefrita
A nefrita é un mineral do grupo VIII (silicatos) de acordo coa clasificación de Strunz. É unha variedade dura e de gran fino da actinolita,[1] e é o máis común e menos valioso dos dous tipos de xade que existen, sendo o outro a xadeíta.
Nefrita | |
---|---|
Fórmula química | Ca2(Mg,Fe2+)5(Si8O22)(OH)2 |
Clase | Inosilicatos |
Sistema cristalino | Monoclínico |
Cor | Verde, verde agrisado, negro verdoso ou negro |
Brillo | De vítreo a sedoso |
Dureza | 5-6 |
Raia | Branca |
Densidade | 3,1 g/cm³ |
Trala chegada da nefrita de América a Europa, asociáronselle á nefrita propiedades curativas para os cólicos e as dores de costas ou de riles, polo que recibiu o nome de lapis nephriticus que significa "pedra do ril".
Pounamu é o nome maorí da nefrita verde que se dá na costa occidental de Nova Zelandia e coa que se adoitan confeccionar hei tikis e armas tradicionais maorís como os meres.
Características
editarÉ un silicato cálcico de magnesio ou de ferro propio de rochas metamórficas. Adoita aparecer como agregados compactos de fibras entrelazadas que poden ser translúcidos ou opacos e, normalmente, de cor verde e puntos de tons máis escuros. Distínguese da xadeíta polo seu brillo aceitoso e porque se fai estelas ao fracturar.
Depósitos
editarEncóntrase con certa abundancia no Canadá, a China, Nova Zelandia, os Estados Unidos, Taiwán e Asia Central.
Notas
editar- ↑ Mindat.org - Nefrita (en inglés)