Pórtico real da Catedral de Tui

O Pórtico Real da Catedral de Tui é o conxunto escultórico que dá acceso, pola portada principal á Catedral-fortaleza de Santa María da cidade medieval fronteiriza de Tui, no Camiño Portugués de Santiago. E o máis espléndido portal gótico do século XIII existente en Galicia e un dos primeiros que na Península Ibérica se fixeron eco das novas orientacións estilísticas que xurdiran en Francia.[1]

Pórtico Real
Presentación
LocalizaciónCatedral de Tui
Coordenadas42°02′45″N 8°38′41″O / 42.04583, -8.64472Coordenadas: 42°02′45″N 8°38′41″O / 42.04583, -8.64472
Estilogótico
PropietarioDiocese de Tui-Vigo
Construción
Iniciocirca 1180
Data da construciónséculo XIII
Estimación de finalizacióncirca 1225
Pórtico Real en Galicia
Pórtico Real
Pórtico Real
Localización, na Catedral de Tui

Descrición editar

Situado na fachada oeste, con iconografía de mediados do século XIII. Ten oito pares de columnas con estatuas que representan, de esquerda a dereita, a Moisés, Isaías, san Pedro e san Xoán o Bautista, do outro lado, o profeta Daniel, Xeremías e Berenguela ou Urraca de Portugal e Afonso IX ou Fernando II, reis e raíñas que favoreceron a construción da catedral.

No tímpano desta fachada, dividido en tres niveis, aparecen as seguintes escenas:

As arquivoltas, de arco apuntado, que pechan o conxunto da porta, están decoradas con motivos florais.

Galería de imaxes editar

 
Gravado do século XIX.[2]

Notas editar

  1. Yzquierdo Perrín, R. (1996). "Portada Principal da Catedral de Tui". 100 obras mestras da Arte Galega. Nigra Arte. pp. 96–97. ISBN 84-87709-50-8. 
  2. "Portada Principal de la Catedral de Tuy". La Ilustración Gallega y Asturiana (11). 18/4/1880. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar