Otto Fritz Meyerhof

Otto Fritz Meyerhof, nado en Hannover o 12 de abril de 1884 e finado en Filadelfia (EUA) o 6 de outubro de 1951, foi un fisiólogo alemán.

Modelo:BiografíaOtto Fritz Meyerhof

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de abril de 1884 Editar o valor en Wikidata
Hannover, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte6 de outubro de 1951 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Filadelfia (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Estrasburgo
Universidade de Heidelberg
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Director de teseOtto Heinrich Warburg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Kiel Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbioquímico, profesor universitario, psiquiatra, fisiólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Kiel (pt) Traducir
Universidade de Heidelberg
Universidade de Pensilvania Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoSevero Ochoa Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosGeorge Geoffrey Meyerhof, Walter Meyerhof Editar o valor en Wikidata
PaisFelix Meyerhof Editar o valor en Wikidata  e Bettina Meyerhof Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мейергоф Отто)
Heidelberg Scholar Lexicon 1803–1932 (en) Traducir, (p.180) Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Realizou os estudos de Medicina en Friburgo e Estrasburgo, e o doutoramento en Heidelberg. Traballou no instituto de Fisioloxía e Bioloxía de Kiel. Foi director do instituto de Fisioloxía e Bioloxía Wilhelm Kaiser, Berlín.

O ascenso do partido nazi obrigou a Meyerhof, de orixe xudía, a emigrar a París, e posteriormente a Estados Unidos. Foi profesor de fisioloxía na Universidade de Pensilvania, e faleceu en Filadelfia, en 1951.

Os seus traballos orientáronse, preferentemente, no proceso químico que se verifica na combustión da glicosa presente no organismo e na liberación de enerxía que se desprende en toda contracción muscular.

Meyerhof comprobou que se a contracción muscular se produce en presenza de osíxeno, a glicosa transfórmase en ácido láctico e este, pola presenza do osíxeno, en anhídrido carbónico e auga.

Obtivo o Premio Nobel de Medicina en 1922, compartido con Archibald Vivian Hill.