Abrir o menú principal

Osip Emilevich Mandelshtam (en ruso: Осип Эмильевич Мандельштам), nado en Varsovia o 15 de xaneiro de 1891 e finado en Vladivostok o 27 de decembro de 1938, foi un poeta polaco, ruso por adopción.

Osip Mandelshtam
NKVD Mandelstam.jpg
Nome completoИосиф Эмильевич Мандельштам
Nacemento3 de xaneiro de 1891, 15 de xaneiro de 1891 e 2 de xaneiro de 1891
 Varsovia
Falecemento27 de decembro de 1938
 Vladivostok e Gulag camp
CausaTifo
NacionalidadeImperio Ruso, República Russa, República Socialista Soviética Federativa de Rusia e Unión Soviética
EtniaPobo xudeu
Alma máterUniversidade de Heidelberg e Universidade Estatal de San Petersburgo
Ocupaciónpoeta, escritor, tradutor, crítico literario e ensaísta
CónxuxeNadezhda Mandelstam
Osip Mandelstam signature.jpg
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

 
Manuscrito da Oda a Stalin de Mandelstam

Iniciouse como poeta no movemento acmeísta, pero evolucionou cara posicións persoais, síntese do simbolismo, o futurismo e o acmeísmo. A Oda a Stalin, un poema contra Stalin custoulle en 1934 un desterro aos Urales, onde intentou suicidarse, e despois de varios anos en Voronezh, nos que puido continuar a súa obra en condicións precarias, regresou para ser novamente arrestado en 1938 e condenado a cinco anos de traballos forzados. Morreu nun campo de traballo próximo a Vladivostok.

A poesía de Mandelstam, considerado un dos maiores poetas rusos do século XX, foi milagrosamente conservada por Nadiezhda, a súa muller, autora de dous libros: Contra toda esperanza e Libro segundo, nos que conta as tráxicas experiencias que viviu co poeta durante os anos do terror. Mandelstam foi tamén un gran prosista. Coloquio sobre Dante, proba do seu coñecemento da Divina Comedia, que citaba de memoria.

ObrasEditar

PoesíaEditar

  • A pedra, 1913.
  • Tristia, 1922.
  • Cadernos de Moscú, 1930-1935.
  • Cadernos de Voronezh, 1935-1937 .

ProsaEditar

  • O rumor do tempo.
  • A cuarta prosa.
  • Viaxe a Armenia.
  • Da poesía.
  • Coloquio sobre Dante.

BibliografíaEditar


 
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.