Osa Menor
Osa Menor[1][2], Carriño ou Carro Pequeno[3], é unha das constelacións máis coñecidas do hemisferio norte. Consta de sete estrelas coa forma de carro; catro delas formarían o que sería a parte fonda do carro e as outras tres serían o que sería o mastro do carro.
Osa Menor | |
---|---|
Nome latino | Ursa Minor |
Abreviatura | UMi |
Xenitivo | Ursae Minoris |
Simboloxía | A Osa pequena |
Ascensión recta | 15 h |
Declinación | 70'8° |
Área | 256 graos cadrados
Rango 56 |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
2 |
Estrela máis brillante | Polaris
(magnitude ap. 2,02) |
Choiva de meteoros | |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +90° e −10°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xuño | |
O elemento máis coñecido da Osa Menor é a estrela Polar, a cal atópase na prolongación do eixe da Terra, de modo que está fixa no ceo e sinala o Polo Norte xeográfico, polo que ten sido empregada polos navegantes coma punto de referencia na súas viaxes. Á parte da estrela Polar, a Osa Menor carece de elementos de interese para o afeccionado á astronomía.
Dada a súa situación, a Osa Menor só pode verse no hemisferio norte, pero a cambio, nese hemisferio pódese ver todo o ano. Xunto coa súa compañeira a Osa Maior, é un dos elementos máis característicos do firmamento do hemisferio norte.
Mitoloxía
editarNa mitoloxía grega hai varias versións sobre a orixe da Osa Menor. Nunha delas sería Fénice, transformada en osa por Artemisa tras ser seducida por Zeus. Este relato é moi semellante ó de Calisto, que foi catasterizada na Osa Maior e por isto algúns autores cren que orixinalmente debeu existir un relato con dous catasterismos dun mesmo personaxe (Zeus convertería a Calisto na Osa Maior e posteriormente Artemisa convertería a Calisto na Osa Menor).
Noutra versión dise que se trataba de Cinosura, ama de Zeus e ninfa do monte Ida.
Estrelas principais
editar- α Ursae Minoris (Polaris, Estrela Polar ou Estrela do Norte), a estrela máis brillante da constelación, unha superxigante amarela e variable cefeida de magnitude 1,97.
- β Ursae Minoris (Kochab), de magnitude 2.07, unha estrela xigante laranxa que antigamente foi utilizada coma estrela polar.
- γ Ursae Minoris (Pherkad), de magnitude 3.00, estrela branca e variable do tipo Delta Scuti.
- δ Ursae Minoris (Yildun ou Pherkard), estrela branca da secuencia principal de magnitude 4,35.
- ε Ursae Minoris, binaria eclípsante e variable RS Canum Venaticorum de magnitude 4,21.
- ζ Ursae Minoris (Alifa al Farkadain), estrela branca de magnitude 4,32.
- η Ursae Minoris (Anwar al Farkadain), anana branco-amarela de magnitude 4,95.
- λ Ursae Minoris, xigante vermella de magnitude 6,38.
- RR Ursae Minoris, xigante vermella e variable semirregular; o seu brillo varía entre magnitude 4,53 e 4,73.
- Calvera, nome informal da que se pensa que pode se-la estrela de neutróns máis próxima á Terra.
Obxectos Notables do espazo profundo
editar- NGC 6217, galaxia espiral de brillo superficial 14 e tamaño aparente 3,6' x 3,6'.
- NGC 5832, galaxia espiral barrada máis cativa cá anterior.
- Galaxia Anana da Osa Menor, pertencente ó Grupo Local e localizada 4,5º ó sur de Pherkad (γ Ursae Minoris).
Notas
editar- ↑ "Oso". Real Academia Galega. Consultado o 26 de novembro de 2016.
- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carriño.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Osa Menor |