Os Milagres do Medo, Vide, Baños de Molgas

lugar da parroquia de Vide, no concello de Baños de Molgas

Os Milagres do Medo é un lugar da parroquia de Vide no concello ourensán de Baños de Molgas na comarca de Allariz - Maceda. Segundo o INE[1] e o IGE[2] en 2011 tiña once habitantes (todos eles homes), un máis ca no ano anterior.

Os Milagres do Medo

Santuario da Nosa Señora dos Milagres.
ParroquiaVide
ConcelloBaños de Molgas
Coordenadas42°13′58″N 7°37′50″O / 42.232666666667, -7.6304722222222
Poboación11 hab. (2011)
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio

editar

O Santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo é un templo relixioso situado no monte do mesmo nome. Celebra a súa romaría o 8 de setembro.

Do templo primitivo consérvase unha lanterna situada nos xardíns do santuario. A igrexa actual foi construída por orde do bispo de Ourense, e foi rematada en 1771. Foi coroada en 1963 polo papa Paulo VI, sendo declarada Monumento Histórico Artístico Nacional en 1982.

Está rodeada dunha balaustrada, e ten catro torres. Ten tres entradas con cadanseu fornelo, adicadas á Virxe María e os seus pais, San Xoaquín e Santa Ana nos laterais. O templo ten planta de tres naves separadas por columnas. No exterior hai sete capelas con escenas do Via Crucis. Desde 1869 está a cargo da orde dos Padres Paúles[3]. O investigador Elixio Rivas Quintas residiu aquí.

  1. INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2012. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia - Baños de Molgas – Baños de Molgas" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 5 de decembro de 2012. 
  3. Paradela Nóvoa, B. (1929): El Santuario de Nuestra Señora de los Milagros (apuntes históricos). Madrid: Librería Puga.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Vide

editar
Lugares da parroquia de Vide no concello de Baños de Molgas (Ourense)

Francos | Froufe | Meamán | Os Milagres do Medo | Vide


Parroquias de Baños de Molgas

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Baños de Molgas

Almoite (Santa María) | Ambía (Santo Estevo) | Baños de Molgas (San Salvador) | Betán (San Martiño) | Cantoña (San Mamede) | Coucieiro (San Vicente) | Guamil (Santa María) | Lama Má (San Cibrao) | Poedo (Santa María) | Ponte Ambía (Santa María) | Presqueira (San Martiño) | Ribeira (San Pedro) | Vide (San Xoán)