Benito Paradela Nóvoa

relixioso, historiador e arquiveiro galego

Benito Paradela Nóvoa, nado en Poutás de Arriba (Amoeiro) o 22 de outubro de 1887 e finado en Madrid o 23 de outubro de 1936, foi un relixioso, historiador e arquiveiro galego.

Benito Paradela Nóvoa
Nacemento22 de outubro de 1887
Lugar de nacementoAmoeiro
Falecemento23 de outubro de 1936
Lugar de falecementoVallecas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónrelixioso, historiador e arquiveiro
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Pasou a infancia xunto ao Santuario da Nosa Señora dos Milagres do Medo nos Milagres do Medo (Vide, Baños de Molgas), da orde dos Padres Paúles. Alí estudou Latín e Humanidades, e o 29 de agosto de 1907 ingresou na Congregación da Misión.

Estudou Filosofía e Teoloxía en Madrid, e recibiu o presbiterado o 21 de setembro de 1916. Foi destinado como docente ao colexio de Limpias (Cantabria), onde deu clase de Historia da Literatura, Historia de España, Xeografía e Lexislación mercantil. Permaneceu alí até o seu traslado a Madrid en 1922 logo de que o seu superior Joaquín Atienza, solicitase que se fixese cargo do arquivo. Amais de organizar o arquivo e a biblioteca da casa provincial dos misioneiros paúles, procurou aumentala. A súa vocación de investigador e historiador levouno a París, Barcelona, Palma ou Valencia co fin de reunir material para escribir a historia da Congregación da Misión en España. Consérvanse copias manuscritas por el de documentación desaparecida durante a guerra civil española. En 1928 foi nomeado director da revista Anales de la Congregación de la Misión y de las Hijas de la Caridad.

O 23 de outubro de 1936 foi asasinado en Vallecas. En novembro de 2017 foi beatificado[1].

Obras editar

  • Resumen histórico de la Congregación de la Misión en España desde 1704 a 1868 (Madrid: Hernández y Galo Sáez, 1923)
  • Los Visitadores de la Congregación de la Misión y Directores de las Hijas de la Caridad en España Tomo I: Apuntes biográficos (Madrid: Huérfanos, 1928)
  • Centenario de los PP. Paules en Madrid. Libro conmemorativo en el que se narra el crecimiento de los Misioneros y de las Hijas de la Caridad por ellos dirigidas (Madrid: Voluntad, 1928)
  • El Santuario de Nuestra Señora de los Milagros (apuntes históricos) (Madrid: Librería Puga, 1929)
  • El P. Hilario Casabosca. Notas biográficas y extracto de algunas de sus cartas familiares (Madrid, 1929)
  • Un gran pedagogo desconocido. Apuntes biográficos del P. Julián González de Soto (Madrid: Cleto Vallinas, 1930)
  • Colección de documentos para la Historia de la Congregación en España. Tomo I (1702-1835) (Madrid, 1932)
  • Notas biográficas de los que han pertenecido a la Congregación de la Misión en España. Tomo I (1695-1835) (Madrid: Cleto Vallinas, 1935)
  • "El P. Feijóo. Sus ideas y su tiempo", en Vida Gallega
  • "Apuntes para la historia del culto de la Virgen en España", en Anales de las Hijas de Madrid
  • "España y la Inmaculada", en La Inmaculada de la Medalla Milagrosa

Colaborou tamén con artigos sobre documentos da igrexa e monumentos da provincia de Ourense no Archivo Histórico Nacional e no Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Artísticos e Históricos de Orense, nº 175, 178, 212, 214, 216 e 226 (1927, 1928, 1933, 1934 e 1936).

Notas editar

  1. Fina Ulloa (12 de novembro de 2017). "La Diócesis de Ourense incorpora a dos nuevos beatos". La Voz de Galicia (en castelán). 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar