Orlando (novela)

novela de Virginia Woolf

Orlando. Unha biografía[1] (título orixinal en inglés: Orlando: A Biography) é a sexta novela de Virginia Woolf, publicada orixinalmente o 11 de outubro de 1928. A editorial que se encargou da súa publicación, Hogarth Press, pertencía ao matrimonio Woolf. Trátase dunha obra en parte biográfica, baseada na vida da noiva de Woolf Vita Sackville-West. Considérase que é unha das novelas máis accesibles de Woolf, e por iso a de maior éxito da autora en vida. Influíu moito estilisticamente, e considérase importante na literatura en xeral, e na escritura feminina e os estudos de xénero en particular. A directora Sally Potter rodou unha versión cinematográfica en 1992, con Tilda Swinton de protagonista como Orlando e Quentin Crisp como a raíña Isabel I.

Orlando
Título orixinalOrlando: A Biography
Autor/aVirginia Woolf
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
EditorialFlag of the United Kingdom (3-5).svg Hogarth Press
Galicia Irmás Cartoné
Data de pub.Flag of the United Kingdom (3-5).svg 1928
Galicia 2014
FormatoTapas duras
Páxinas252
ISBNISBN 978-84-942570-01 (gl)
TraduciónCelia Recarey
editar datos en Wikidata ]

Nesta novela trátanse temas considerados tabús na súa época tales como a homosexualidade, a sexualidade feminina, ademais do papel da muller dentro dunha sociedade e como creadora literaria. Todos estes temas preséntanse contextualizados en distintos períodos históricos: dende o período isabelino, pasando polo período vitoriano, até chegar á época moderna a comezos do século XX.

Foi traducida ó galego por Celia Recarey[2] e foi publicada pola editorial Irmás Cartoné no ano 2014.[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Orlando. Traducido por Celia Recarey (1ª ed.). Santiago de Compostela: Irmás Cartoné. 2014. ISBN 978-84-942570-01 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Irmás Cartoné (ed.). "Orlando, por Irmás Cartoné". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2019. Consultado o 11 de abril de 2019.