Organización territorial de Letonia

A República de Letonia componse, segundo a reorganización territorial que entrou en vigor o 1 de xullo de 2021, de 36 municipios (en letón, novadi) e 7 cidades autónomas (en letón, valstspilsētas).[1][2]

Organización territorial de Letonia desde o 1 de xullo de 2021

Historia

editar

Tras a anexión en 1940 da primeira República de Letonia por parte da Unión Soviética, a subdivisión do país estableceuse en 3 óblast. En 1949 os soviéticos levaron a cabo unha reforma administrativa como resultado da cal os condados e parroquias foron substituídos por distritos e aldeas, respectivamente.[3] Co tempo, os límites dos distritos cambiaron varias veces.

Despois de que Letonia recuperou a súa independencia en 1991, disolvéronse as aldeas e, no seu lugar, recreáronse as parroquias, mentres que os distritos conservaron o seu status; Letonia compoñíase entón de 26 distritos e 7 cidades autónomas. Tras a reforma territorial que entrou en vigor o 1 de xullo de 2009, o país subdividiuse en 110 municipalidades (en letón, novadi) e 9 cidades republicanas (en letón, Republikas pilsētas), cada unha coa súa apropia administración.[4]

O 10 de xuño de 2020 o Saeima aprobou unha reforma municipal que reduciría os 110 municipios e 9 cidades republicanas a 42 unidades de goberno local que consistían en 36 municipios (novadi) e 7 cidades estatais (valstspilsētas). O 1 de xuño de 2021, o Tribunal Constitucional de Letonia ditaminou que a anexión do municipio de Varakļāni ao de Rēzekne era inconstitucional. En resposta, o Saeima decidiu coservar a existencia do municipio de Varakļāni como unha 43ª unidade de goberno local.[5]

Evolución da subdivisión administrativa de Letonia
Óblasts de Estonia, Letonia e Lituania entre 1952 e 1953.
Distritos de Letonia de 1991 a 2009.
Municipios de Letonia de 2009 a 2021.
Municipios de Letonia desde o 1 de xullo de 2021.

División administrativa actual

editar

Cidades estatais

editar

A lei de 2020 sobre territorios administrativos e áreas poboadas designou a Ogre e as nove cidades republicanas anteriores como cidades estatais. Tamén prevía a promoción de Iecava e Koknese ao status de cidade estatal o 1 de xullo de 2021. Porén, baixo a mesma lei, só as sete cidades estatais enumeradas na seguinte táboa terían gobernos locais que serían independentes de calquera municipio. As cidades estatais de Jēkabpils e Valmiera convertéronse en parte do municipio de Jēkabpils e o municipio de Valmiera, respectivamente, o 1 de xullo de 2021.[2]

Cidade Poboación
(estimación 2021)[6]
Produto rexional bruto (PRB)
en miles de millóns de €,
2018[7]
PRB per cápita en €,
2018[7]
1. Daugavpils 80 627 0,693 8 400
2. Jelgava 55 336 0,583 10 400
3. Jūrmala 50 248 0,421 8 600
4. Liepāja 67 964 0,897 13 000
5. Rēzekne 26 839 0,283 10 100
6. Riga 614 618 16,395 25 800
7. Ventspils 33 372 0,470 13 600

Municipios

editar

A táboa seguinte contén os 36 municipios de Letonia:[5][8]

Municipio
Aizkraukle Alūksne Augšdaugava Ādaži Balvi Bauska Cēsis Dobele Gulbene
Jelgava Jēkabpils Ķekava Krāslava Kuldīga Kurzeme Meridional Limbaži Līvāni Ludza
Madona Mārupe Ogre Olaine Preiļi Rēzekne Ropaži Salaspils Saldus
Saulkrasti Sigulda Smiltene Talsi Tukums Valka Valmiera Varakļāni Ventspils

División administrativa previa a 2021

editar

Cidades republicanas (2009-2021)

editar
Número Cidade republicana
1. Daugavpils
2. Jēkabpils
3. Jelgava
4. Jūrmala
5. Liepāja
6. Rēzekne
7. Riga
8. Valmiera
9. Ventspils

Municipios (2009-2021)

editar

A táboa seguinte contén os antigos 110 municipios de Letonia, por orde alfabética:

Municipio[9]
Aglona Aizkraukle Aizpute Aknīste Aloja Alsunga Alūksne Amata Ape Auce
Ādaži Babīte Baldone Baltinava Balvi Bauska Beverīna Brocēni Burtnieki Carnikava
Cēsis Cesvaine Cibla Dagda Daugavpils Dobele Dundaga Durbe Engure Ērgļi
Garkalne Grobiņa Gulbene Iecava Ikšķile Inčukalns Ilūkste Jaunjelgava Jaunpiebalga Jaunpils
Jēkabpils Jelgava Kandava Kārsava Koknese Krāslava Krimulda Krustpils Kuldīga Ķegums
Ķekava Lielvārde Līgatne Limbaži Līvāni Lubāna Ludza Madona Mālpils Mārupe
Mazsalaca Mērsrags Naukšēni Nereta Nīca Ogre Olaine Ozolnieki Pārgauja Pāvilosta
Pļaviņas Preiļi Priekule Priekuļi Rauna Rēzekne Riebiņi Roja Ropaži Rucava
Rugāji Rundāle Rūjiena Salacgrīva Sala Salaspils Saldus Saulkrasti Sēja Sigulda
Skrīveri Skrunda Smiltene Stopiņi Strenči Talsi Tērvete Tukums Vaiņode Valka
Valmiera Varakļāni Vārkava Vecpiebalga Vecumnieki Ventspils Viesīte Viļaka Viļāni Zilupe

División administrativa (1991-2009)

editar

Desde 1991, o país estaba formado por trinta e nove condados (en letón, rajons) e sete cidades autónomas.

  1. "Saeima finally approves major regional reforms". Latvian Public Broadcasting. 11 June 2020. Consultado o 10 de febreiro 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Law on Administrative Territories and Populated Areas". Likumi. Latvijas Vēstnesis. 22 de junio de 2020. Consultado o 10 de febreiro de 2022. 
  3. Tukuma rajons[Ligazón morta permanente]
  4. Rajonu pašvaldību reorganizācijas likums
  5. 5,0 5,1 Upleja, Sanita (1 de junio de 2021). "Varakļāni paliek kā atsevišķs novads; Rēzeknes un Varakļānu novadā vēlēšanas pārceltas (plkst. 16.15)". Delfi (en letón). Consultado o 10 de febreiro de 2022. 
  6. "Population by sex and age group in regions, cities, municipalities, towns, rural territories, neighbourhoods and densely populated areas at the beginning of the year by Sex, Age group, Territorial unit and Time period". Official Statistics Portal. 
  7. 7,0 7,1 "Meklēt | Oficiālās statistikas portāls". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2020. Consultado o 10 de febreiro de 2022. 
  8. "Grozījumi Administratīvo teritoriju un apdzīvoto vietu likumā". Likumi (en letón). Latvijas Vēstnesis. 2 June 2021. Consultado o 10 de febreiro de2022. 
  9. "Superficie e poboación de cada municipio.". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2012. Consultado o 10 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar