Iecava
| |||||
Topónimo oficial | Iecava | ||||
País | Letonia | ||||
Poboación: | |||||
- Total | 5660 (2017)[1] | ||||
Alcalde | Iavars Mačeks | ||||
Páxina web | www.iecava.lv |
Iecava (en letón Iecava, en polaco Ekawa) é unha vila de Letonia. Forma parte da rexión administrativa de Zemgale, ocupa veciñanza coa capital do país ao localizarse a 46 km de Riga. O parque principal da cidade acolle o maior número de niños de corvos do país.
Historia e persoeirosEditar
Iecava foi un dos campos de batalla entre tropas rusas e prusianas baixo o mando de Napoleón durante o seu intento de invasión ao Imperio Ruso. Na primeira guerra mundial voluntarios fineses achegaron en Iecava suficiente artillaría para conter o ataque do xeneral Radko Dimitriev contra tropas alemás. [2] En Iecava pódese atopar un cemiterio formado por 1116 tumbas de soldados soviéticos caídos alí en batalla no ano 1944. [3]
Entre os veciños destacados atópanse:
- Christoph Friedrich Neander (1723–1802), pastor protestante, poeta, tradutor ao letón e coautor do himno nacional.
- Herberts Tepfers (1892–1966), capitán da armada letoa, cabaleiro da Orde de Lāčplēsis
- Verners Tepfers (1893–1958), xeneral da armada letoa, cabaleiro da Orde de Lāčplēsis
- Janis Tepfers (1898–1994), diplomático.
- Ilmārs Tepfers (1904–1968), doutor rexional a cargo do impacto da varíola en Daugavpils e da Cruz Vermella.
- Dr. Janis Naglis (1944–2010), psiquiatra e cirurxián. Doutor encargado do primeiro psiquiátrico da vila.
- Žoržs Tikmers (* 1957), remeiro medallista olímpico.
EconomíaEditar
A industría avícola e en concreto a produción de ovos, con case dous millóns ao día lideran a economía en Iecava. Balticovo posúe a súa factoría nas lindes da vila. [4]