Municipio de Saulkrasti
O municipio de Saulkrasti (en letón, Saulkrastu novads) é un dos 36 municipios de Letonia, resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Letonia | ||||
Capital | Saulkrasti (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.926 (2024) (36,43 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 272,47 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xullo de 2021 | ||||
PIB nominal | 109.373.000 € (2021) | ||||
PIB per cápita | 11.747 € (2021) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | LV-089 | ||||
Limita co municipio de Limbaži ao norte, co municipio de Sigulda ao leste e co municipio de Adaži ao sur. O centro do municipio atópase na localidade de Saulkrasti. Conta cunha área de 277,8 quilómetros cadrados.
Historia e economía
editarHistoricamente, as tribos livonias de Vidzeme habitaron no condado. No século XIII, como resultado das conquistas cruzadas, o territorio do condado pasou a ser propiedade da Arquidiócese de Riga. Despois da guerra de Livonia, o condado quedou baixo o ducado polaco de Pardaugava. Despois de 1629 é adquirido por Suecia. En 1721, foi anexionado ao Imperio Ruso.
O 2 de xuño de 2020, o municipio de Limbaži presentou unha solicitude ante o Tribunal Constitucional obxectando sobre a inclusión da parroquia de Skulte na rexión de Saulkrasti, e o 12 de marzo de 2021, o Tribunal Constitucional falla a prol de Limbaži e Saulkrasti perde esa sección parroquial.
A nivel económico Saulkrasti é referencia turística no país, cun 15% do seu solo inmobiliario propiedade do turismo estranxeiro, nas sesións de verán e inverno a poboación chega ao dobre do seu nivel. Unha gran parte do sueste do municipio está ocupada polo vertedoiro deshabitado de Ādaži, que outorga outra base de ingresos á rexión.