Municipio de Cēsis
O municipio de Cēsis (en letón, Cēsu novads) é un dos 36 municipios de Letonia. Os 36 municipios son resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021 pola Saeima. Este novo municipio foi o resultado da fusión do antigo Cēsis cos municipios de Amata, Jaunpiebalga, Līgatne, Pārgauja, Priekuļe e Vecpiebalga.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Letonia | ||||
Capital | Cēsis | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 40.943 (2024) (15,35 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.668,13 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | Município de Cesis (pt) , Município de Amata (pt) , Município de Jaunpiebalga (pt) , Município de Ligatne (pt) , Município de Pargauja (pt) , Priekuļi e Município de Vecpiebalga (pt) | ||||
Creación | 1 de xullo de 2021 | ||||
PIB nominal | 431.043.000 € (2021) | ||||
PIB per cápita | 10.525 € (2021) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | LV-022 | ||||
É un municipio interior, limita co municipio de Sigulda ao oeste, co municipio de Ogre ao sur, co municipio de Madona ao sueste, e co municipio de Valmiera ao norte. Forma parte da rexión histórica de Vidzeme.
Ten unha superficie de 2668,1 km² e unha poboación de 41 161 persoas a finais de 2021.[1]
O territorio do municipio da rexión de Cēsis divídese en 7 asociacións, a división das asociacións é a seguinte:
- Asociación Amata: parroquias de Amata, Drabešu, Nītaure, Skujene e Zaubes;
- Asociación Cēsi: cidade de Cēsis e parroquia de Vaive;
- Asociación Jaunpiebalga: parroquias de Jaunpiebalga e Zosēnu;
- Asociación Līgatne: cidade de Līgatne e parroquia de Līgatne;
- Asociación de Pargaujas: parroquias de Raiskuma, Stalbe e Straupe;
- Asociación Priekuļi: parroquias de Liepa, Mārsnēn, Priekuļi e Veselava;
- Asociación Vecpiebalga: parroquias de Dzerbene, Inesu, Kaives, Taurene e Vecpiebalga.
Economía
editarA economía de Cēsis modernizouse na pasada década do 2010 sobre dous pivotes, a economía do ecoturimo co maior expoñente na eco-vila de Amatciems[2], recollendo o 2,2 % das pernoctacións de turistas no país.[3] E o postulado da cidade de Cēsis como capital cultural de Letonia, centrando as inversións en programación de concertos, cremento programado dos seus museos e axudas aos comisarios de arte que programen na cidade. A cidade é candidata a Capital Europea da Cultura para o 2027 [4]
Galería de imaxes
editar-
Eco vila de Amatciems
-
Muiño sueco de Ieriku, sobre os humedais da Parroquia de Amata
Notas
editar- ↑ "Latvia: Administrative Division (Regions and Municipalities) - Population Statistics, Charts and Map". www.citypopulation.de. Consultado o 2023-12-21.
- ↑ Amatciems(en letón)
- ↑ Porcentaxe de Turistas(en letón)
- ↑ https://obs.agenda21culture.net/es/good-practices/estrategia-cultura-para-el-crecimiento-sostenible-de-cesis/ Candidatura a Capital Europea da Cultura