Amatciems é unha eco-vila letoa. En 2010 tiña 72 habitantes. Está situada na rexión dos lagos e de zona húmida de Vidzeme, a 12 km da cidade de Cēsis e a 80 km de Riga. Preto da vila atravesa a autovía de alta velocidade A2 e a liña de tren Riga-Lugazhi.

Modelo:Xeografía políticaAmatciems
Imaxe

Nomeado en referencia aAmata River (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 57°13′14″N 25°18′05″L / 57.2206, 25.3014Coordenadas: 57°13′14″N 25°18′05″L / 57.2206, 25.3014
EstadoLetonia
Municipality of Latvia (en) TraducirMunicipio de Cēsis
Parish of Latvia (en) TraducirDrabeši Parish (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación72 (2010) Editar o valor em Wikidata (36 hab./km²)
Xeografía
Superficie2 km² Editar o valor em Wikidata
Creación2004 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalLV-4101 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Páxina webamatciems.lv Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A creaciòn do proxecto da eco-vila atribúeselle a Aivar Zvirbulis coa motivación de fuxir do ruído da cidade e recuperar un contorno habitábel preto da natureza. A construción orixinal ocupaba 150 hectáreas. Cara ao ano 2010 sumáronse ao proxecto 27 familias, 12 con residencia permanente e 15 como residencia de vacacións.[1]

Na eco-vila promóvense certas regras de convivencia como a prohibición do ruído nocturno, a non construción de cercas ou a promoción e aceptación de cans coa consecuente norma de non encadealos no interior da vila. Cada parcela dispón do seu propio espazo de bosque e acceso a lagos de auga doce natural. Para a construción das vivendas empregáronse fachadas de pedra natural, estruturas de madeira, leñas e cachotaría complementada nos muros exteriores por detalles de madeira decorativa e cristais pintados. Amatciems está asentado baixo unha acumulación de montes e bosques e unha reserva natural de auga doce en estanques, lagos e arroios interconectados entre si para manter o mesmo nivel e evitar inundacións na tempada de chuvias. A zona natural de bosque alberga unha variada flora, como cogomelos e bagas, e unha fauna con animais en liberdade como cervos, raposos e aves.

Galería editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar