O Ollapín é un ser da mitoloxía galega, trátase dun xigante ciclope, de gran forza e brutalidade que se alimenta de carne humana.[1]

Ollapín co ollo na caluga.

Características editar

Está emparentado con outro ser que pertence a categoría dos xigantes como é o Olláparo, co cal comparte case todas as súas caracteríticas. Se ben a diferenza principal é a localización do ollo, que no caso do Olláparo adoita ter un na fronte e outro na caluga (segundo as fontes), e no caso do Ollapín –e segundo as diferentes fontes– ou ben ten o ollo no pescozo[2] ou na caluga.[3]

Afirmáse que vivía nos montes da comarca do Bolo[3] ou Caldelas[1] ou en cavernas que pechaba con penedos enormes que só el podía mover. Estas grotas profundas estaban situadas nos montes de Ourense e de Lugo aínda que a súa presenza estendíase por toda Galicia.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar