Olegario Vázquez Raña
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Olegario Vázquez Raña, nado o 10 de decembro de 1935 é un empresario e deportista mexicano e galego.
![]() (2018) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de decembro de 1935 ![]() Cidade de México ![]() |
President of the International Shooting Sport Federation (en) ![]() ![]() | |
febreiro de 1980 – 30 de outubro de 2018 – Vladimir Lisin (pt) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | México España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | tirador , empresario ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Nacionalidade deportiva | México ![]() |
Deporte | Tiro deportivo ![]() |
Participou en | |
1976 | Xogos Olímpicos de 1976 |
1972 | Xogos Olímpicos de 1972 |
1968 | Xogos Olímpicos de 1968 |
1964 | Xogos Olímpicos de 1964 ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarTanto o seu pai como a súa nai naceran en Avión, e chegaran a México D.F. en 1928, sete anos antes de nacer Olegario. Comezou a traballar dende neno no negocio familiar, dedicado á venda de artigos para o fogar e para o campo. Herda co seu irmán Apolinar a xestión da empresa en 1976 e a partir de aí inicia a engalaxe económica que o converteu nun dos homes máis ricos de México.
Olegario Vázquez Raña é dono dun dos principais holdings empresariais dese país, o Grupo Empresarial Ángeles, que abrangue hospitais, hoteis, os medios de comunicación, grandes almacéns, restaurantes de comida rápida, aseguradoras e empresas de xestión de aeroportos, entre outros. A liña sanitaria coordina a xestión de vinte hospitais que funcionan cun sistema de mutua. Da liña de hoteis depende a empresa Camino Real, con 25 establecementos e máis de 4.000 habitacións.
Co Grupo Imagen, é propietario do xornal Excelsior, ten unha rede de radios e unha cadea de televisión, o Cadena 3, e a xestión dos aeroportos lévaa a través do Grupo Aeropuertuario del Pacífico, participado por empresas españolas como Aena ou Dragados.
Actividade deportiva
editarA actividade deportiva foi unha constante na vida da familia Vázquez Raña. Practicante de tiro olímpico, Olegario Vázquez Raña participou nos Xogos de Toquio, México e Múnic formando parte do equipo olímpico mexicano. Ademais, participou representando a este país en todos os mundiais da especialidade dende 1966 ata 1979. Foi plusmarquista mexicano de varias especialidades e en dúas ocasións, 1973 e 1975, conseguiu o récord mundial de rifle de aire comprimido.
Posteriormente desenvolveu carreira na administración deportiva. Foi presidente da Federación Mexicana de Tiro entre 1975 e 1992, membro do Comité Olímpico Mexicano e dende 1980 é presidente da Federación Internacional de Tiro Deportivo.
Datos persoais
editarTivo cinco irmáns, dous dos cales morreron de cedo. Un deles é Mario Vázquez Raña, presidente do Comité Olímpico Mexicano. O seu fillo é Olegario Vázquez Aldir.