Oh Happy Day
Oh Happy Day é un talent-show televisivo que reúne corais de todas as idades e tódolos lugares de Galiza.
Oh Happy Day | |
---|---|
Duración | 1:40 (aprox.) |
Producido por | Portocabo |
Presentado por | Rodrigo Vázquez |
Día(s) de emisión | Xoves |
Horario de emisión | 22:30 (aprox.) |
Localización(s) | Galiza |
Cadea | TVG |
Día da estrea | Maio de 2015 |
Última emisión | 16/07/2015 |
Nº de temporadas | 1 |
Na rede
| |
http://www.ohhappyday.tv |
O presentador é Rodrigo Vázquez e está acompañado polo xurado, que conta con: Eva Perales, Najla Shami e Ramón Bermejo.[1]
O programa é a edición galega do formato catalán Oh Happy Day, que á súa vez é unha versión do programa da NBC Clash of the Choirs.
Formato
editarO programa consiste en oito coros ou agrupacións musicais que compiten versionando cancións en diferentes galas, nas que o xurado decide a mellor actuación, as propostas para eliminación da seguinte semana, e a expulsada. Na gran final, a gañadora do concurso leva un premio de 12.000 euros.
Primeira tempada
editarPresentador e xurado
editar- Rodrigo Vázquez (presentador)
- Eva Perales (xurado)
- Najla Shami (xurado)
- Ramón Bermejo (xurado)
Corais
editarNome | Lugar de procedencia |
---|---|
Coda | Vilagarcía de Arousa |
Vía Sete | Pontevedra |
Coral Alecrín de Brión | Ferrol |
Coral Alameda | Pontevedra |
Obradoiro Vocal 'A Vila' | Ponteareas |
El Acorde Secreto | A Coruña |
Sisters in the House | A Coruña |
Encaixe | Santiago de Compostela |
Gañador Finalistas Expulsados
Actuacións
editar- Programa 1
- Coro Alameda - "Compañeira"(Proposta para a expulsión da seguinte semana)
- Coda - "Let It Go"(Proposta para a expulsión da seguinte semana)
- Coral Alecrín de Brión - "O voso galo comadre"
- Sisters in the House - "Hit the road Jack" (Actuación do día)
- Obradoiro Vocal 'A Vila' - "Speak up mambo"
- El Acorde Secreto - "Don't stop me now"
- Coro Encaixe - "Arman Vela"
- Vía Sete - "Ti tamén queres amor" (Proposta para a expulsión da seguinte semana)
- Programa 2
- Sisters in the House - "Ain't no mountain high enough"
- Coral Alecrín de Brión - "Mariñeiro" (Proposta para a expulsión da seguinte semana)
- Coda - "Uptown Funk" (Actuación do día)
- Coro Encaixe - "Bailador"
- Coral Alameda - "A quien le importa" (Expulsión)
- El Acorde Secreto - "Don't sit under the Apple Tree"
- Vía Sete - "Canción Lóxica" (Proposta para a expulsión da seguinte semana)
- Obradoiro Vocal 'A Vila' - "Tears in heaven"
- Programa 3
- Coda - "O Ciclo Vital"
- Vía Sete - "Rock the night" (Expulsión)
- Coral Alecrín de Brión - "La Verbena de la Paloma" (Proposta para a expulsión da seguinte semana)
- Coro Encaixe - "Mas que nada" (Proposta para a expulsión da seguinte semana)
- Obradoiro Vocal 'A Vila' - "Tres cantos nativos dos indios Krao" (Actuación do día)
- Sisters in the House - "A Santiago vou" (Proposta para a expulsión da seguinte semana)
- El Acorde Secreto - "Price Tag"
- Programa 4
- Obradoiro Vocal 'A Vila' - "You raise me up"
- El Acorde Secreto - "Happy Together"
- Coda - "Mix de Mecano" (Actuación do día)
- Coro Encaixe - "Sweet Dreams"
- Coral Alecrín de Brión - "O meu amor é Mariñeiro" (Expulsión)
- Sisters in the House - "Respect"
- Programa 5
Nesta gala, os coros tiñan que efectuar dúas actuacións, xa que non houbera propostos de expulsión na gala anterior
- Coda - "I'll be there" e "Like a Prayer" (Proposta para a expulsión da seguinte semana)
- Obradoiro Vocal 'A Vila' - "Os cregos e os laberneiros" e "Can't help falling in love"
- Sisters in the House - "Papaoutai" e "Could You Be Loved" (Actuación do día)
- Coro Encaixe - "Leverelem" e "Faith"(Proposta para a expulsión da seguinte semana)
- El Acorde Secreto - "Sh-boom" e "Xogo de Tronos"(Proposta para a expulsión da seguinte semana)
- Programa 6
Nesta edición do programa, o xurado non propuxo a ninguén para abandonar o concurso. O coro escollido como mellor actuación quedaría automaticamente salvado e no caso de estar nomeado non sería expulsado.
- Sister in the House - "Crazy in love"
- Coda - "I will follow him" e "The Nights"
- El Acorde Secreto - "María Soliña" e "The little light of mine"
- Obradoiro Vocal 'A Vila' - "When I'm sixty four" e "Adiemus" (Expulsión)
- Encaixe - "Happy"
- Programa 7
Nesta edición, o xurado decide ao primeiro finalista do programa.
- El Acorde Secreto - "Shots" e "Hallelujah" (Finalista)
- Coda - "Gaiteiro" e "De cero a héroe"
- Encaixe - "Everybody's free" e "Barbie Girl"
- Sisters in the House - "Fever" e "Burbulla de mel"
Notas
editar- ↑ CRTVG (ed.). "Programas - Oh Happy Day". Consultado o 25 de xuño de 2015.