Oh Happy Day (Cataluña)

Oh Happy Day é un talent-show da TV3 no que corais e grupos vocais de Cataluña compiten interpretando cancións para convencer ao xurado do programa.[1][2]

Oh Happy Day
Duración 125 min.
Producido por Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals
Presentado por Eduard Farelo
Localización(s) Cataluña Cataluña
Cadea TV3
Día da estrea 21 de setembro de 2013
Última emisión en emisión

É presentado polo actor Eduard Farelo. O xurado na primeira edición estivo formado por Sìlvia Abril, Pedro Pardo, Guille Milkyway e Elena Gadel. Na segunda edición, Elena Gadel e Silvia Abril abandonan o xurado e entran Mone e Bàrbara Mestanza.

Segundo a mecánica do programa, noméanse tres corais e unha é eliminada á semana seguinte, proceso que se repite ata chegar á gran final coas tres corais que sigan en xogo. Á gran final os espectadores votan o ao gañador. Ademais das actuacións das corais, cada semana ofrécense en diversos vídeos do seguimento de como afrontan os ensaios do novo repertorio que terán que defender no programa, coñécese mellor a súa poboación e as historias humanas e persoais que hai detrás dos colectivos de cantores.

Oh Happy Day é unha versión do programa da NBC Clash of the Choirs, que en España emitiuse en Cuatro no 2008 co título de La batalla de los coros. Un ano máis tarde foi editada na ETB co mesmo nome que na TV3, e dous anos máis tarde na Galiza, tamén co nome de Oh Happy Day. O programa conta cunha aplicación móbil que permite ao público entrar en contidos exclusivos. Tamén se edita un disco coas mellores cancións do programa.

NotasEditar

  1. "Nou corals competeixen des de demà a l'´Oh happy day´ de TV3". Diari de Girona. Consultado o 20 setembro 2013. [Ligazón morta]
  2. Bracero, Francesc. "TV3 estrenará en septiembre el concurso musical 'Oh happy day'". La Vanguardia. Consultado o 12 xullo 2013.