Jessie J
Jessica Ellen Cornish, nada o 27 de marzo de 1988 en Basildon, Essex, Reino Unido, coñecida como Jessie J, é unha cantante e compositora británica. En febreiro de 2011 gañou o premio elección dos críticos nos Brit Awards.[1] Foi aclamada polo cantante Justin Timberlake como «a mellor cantante do mundo do momento».[2]
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Jessica Ellen Cornish 27 de marzo de 1988 (36 anos) Chadwell Heath, Reino Unido (en) |
Outros nomes | Джесси Джей |
Educación | BRIT School |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | cantante, compositora de cancións, executiva dunha discográfica, autobiógrafa, cantautora, actriz de dobraxe |
Período de actividade | 1999 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Gut Records (pt) Island Records Lava Records Universal Republic Records (pt) |
Participou en | |
2018 | Singer 2018 (en) |
Familia | |
Parella | Channing Tatum (2018–2020) Luke James (2014–2015) |
Pais | Stephen Cornish e Rose Cornish |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | jessiejofficial.com |
Traxectoria
editarO seu álbum debut, Who You Are, foi lanzado ao mercado o 25 de febreiro de 2011 e acadou un bo recibimento comercial.[3] Entrou nos repertorio dos máis vendidos na maioría dos países arredor do mundo, entre os que se atopan Australia, Canadá, Irlanda e Nova Zelandia.[4] Ademais vendeu máis dun millón de copias no Reino Unido.[5] Do álbum lanzáronse dous sinxelos, titulados «Do It Like a Dude» e «Price Tag», que obtiveron unha boa acollida comercial. O primeiro deles chegou ao número dous da lista UK Singles Chart, ademais recibiu un disco de ouro por parte da British Phonographic Industry, mentres que o segundo converteuse nun éxito número un en países coma Francia, Irlanda e Nova Zelandia, ademais de ser certificado en ocasións con discos de platino neses países.[6][7][8]
Foron lanzados, tamén, outros tres sinxelos do disco: «Nobody's Perfect», lanzado o 27 de maio de 2011 en iTunes,[9][10] «Who's Laughing Now», que logrou colocarse nos números dezaseis e vinte e oito das listas UK Singles Chart e Irish Singles Char,[11][12] e «Who You Are».[13][14] En medio da promoción do álbum, a cantante lanzou outro sinxelo pertencente a súa edición de luxo, chamado «Domino», que obtivo boa recepción en Australia, Nova Zelandia e os Estados Unidos de América, neste último converteuse no primeiro top 10 da cantante, mentres que no Reino Unido converteuse no seu segundo número un, detrás de «Price Tag».[11][15][16][17][18] O último sinxelo do disco, «LaserLight», acadou a quinta posición da lista UK Singles Chart, o que converteu a Jessie na primeira e ata o de agora única cantante británica en ter seis sinxelos top 10 dun mesmo álbum nesa lista[11][19]
Por outra banda, Jessie tamén ten escrito cancións para outros artistas baixo o seu nome real, Jessica Cornish. Entre elas atópanse «Party in the U.S.A» de Miley Cyrus, «Repeat» de David Guetta —onde tamén colabora como voz principal—, e «I Need This» de Chris Brown; esta última tamén foi interpretada por ela e incluída en Who You Are.[20][21][22][23] Para abril de 2012, a cantante tería vendido un total de 13,5 millóns de copias dos seus materiais discográficos.[24]
Notas
editar- ↑ "Ganadores de los Brit Awards 2011". Rolling Stone. 15 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2011. Consultado o 18 de setembro de 2011.
- ↑ Timberlake, Justin. "Jessie J is the BBC Sound of 2011" (en inglés). BBC. Consultado o 10 de marzo de 2011.
- ↑ "iTunes - Who You Are by Jessie J". iTunes (en inglés). 25 de febreiro de 2011. Consultado o 27 de setembro de 2011.
- ↑ "Ultratop - Who You Are". Ultratop (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2011.
- ↑ "Jessie J announces 2013 UK arena tour date at The O2". The O2 (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2012. Consultado o 26 de xullo de 2012.
- ↑ "UK Singles Chart - Do It Like a Dude". BPI (en inglés). 22 de xaneiro de 2011. Consultado o 27 de setembro de 2011.
- ↑ "BPI Certified Awards". British Phonographic Industry (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2017. Consultado o 27 de setembro de 2011.
- ↑ "Ultratop - Price Tag by Jessie J". Ultratop (en inglés). Consultado o 27 de setembro de 2011.
- ↑ "iTunes UK - Jessie J "Nobody's Perfect"". iTunes (en inglés). 27 de maio de 2011. Consultado o 30 de setembro de 2011.
- ↑ "Jessie J reveals next single choice". Digital Spy (en inglés). 28 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2013. Consultado o 30 de setembro de 2011.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 "Jessie J history at UK Singles Chart". The Official Chart (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2012. Consultado o 30 de setembro de 2011.
- ↑ "Irish Chart History - Jessie J". Hung Medien (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2011.
- ↑ "Jessie J unveils new track 'Domino' - Listen". Digital Spy (en inglés). 17 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2012. Consultado o 15 de setembro de 2011.
- ↑ "Jessie J to release Who You Are as fifth single". Digital Spy (en inglés). 13 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2012. Consultado o 30 de setembro de 2011.
- ↑ "Jessie J - Who You Are Deluxe". Allmusic (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 15 de decembro de 2011.
- ↑ "Australian Chart - History by Jessie J". hung Medien (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2011.
- ↑ "New Zealand Chart History - Jessie J". Hung Medien (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2014. Consultado o 30 de setembro de 2011.
- ↑ "Billboard - Jessie J Chart History". Billboard (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2012.
- ↑ Alan Jones (23 de abril de 2012). "Official Charts Analysis: Adele needs just 17k album sales for 23rd week at No.1". Music Week (en inglés). Consultado o 18 de maio de 2012.
- ↑ "Miley Cyrus - "Party in the U.S.A"". Billboard (en inglés). 24 de agosto de 2009. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2012. Consultado o 30 de setembro de 2011.
- ↑ "Koda Kumi - "4 Times"". Discogs (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2011.
- ↑ "Allusic - Jessie J "I Need This"". Allmusic (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 2 de octubre de 2011.
- ↑ "Jessie J reveals "Who You Are" tracklist". The Grape Juice (en inglés). 25 de xaneiro de 2011. Consultado o 24 de setembro de 2011.
- ↑ "Jessie J makes UK chart history with "Laserlight"". Telegraph (en inglés). 23 de abril de 2012. Consultado o 21 de xullo de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jessie J |