Odile Buisson, nada en Malo-les-Bains, Dunkerque o 10 de marzo 1956 é unha xinecóloga e obstetra francesa. Foron pioneiras as súas investigacións, con Pierre Foldes, para comprender mellor os mecanismos fisiolóxicos do pracer sexual feminino.

Infotaula de personaOdile Buisson
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxinecóloga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Odile Buisson naceu nunha familia moi estrita,[1]o seu pai era supervisor dunha refinería de petróleo e delegado da Confederación Francesa Democrática do Traballo (CFDT), e a súa nai ama de casa. Pasou boa parte da súa adolescencia en Saint-Nazaire, logo estudou medicina. Escolleu a xinecoloxía como especialidade,[2]precisamente un tema do que lembra que non se falaba na casa.[1]

Estudou obstetricia nun libro de texto de anatomía de 1979, e como ela conta nunha entrevista "só atopou dúas páxinas sobre o clítoris" e no ano 1998 comprobou que as reproducións que existían eran todas falsas.[3]

Cando en 2004 coñeceu ao cirurxián Pierre Foldès, experto na reparación cirúrxica sobre a mutilación feminina por escisión, propúxolle realizar unha serie de ecografías 3D do coito, con mulleres e parellas voluntarias.[2] Este estudo, formaba parte das investigacións de Foldès sobre a reparación do clítoris e constitúe unha primicia mundial,[4]xa que permite identificar unha zona do corpo do clítoris que se amolda á parte posterior da vaxina e do pene durante as relacións sexuais, e tamén mostra a turxencia dos bulbos vestibulares que rodean a entrada da vaxina. Estas análises, publicadas na revista The Journal of Sexual Medicine en abril de 2009, confirmaron a realidade do "punto G", denominado deste xeito en honor ao xinecólogo alemá Ernst Gräfenberg quen nos anos 40 informóu do seu descubrimento por casualidade, mentres estudaba a uretra feminina.[5] Odile Buisson prefire denominar co termo "zona G", porque "é sobre todo unha función, unha dinámica de órganos".

Nun traballo dirixido máis ao público xeral e publicado en 2011, Who's Afraid of the G Spot?, Odile Buisson e Pierre Foldès describiron os seus resultados, proporcionando un mellor coñecemento do pracer feminino e da erección feminina. Tamén detallaron os obstáculos que tiveron que enfrontar para levar a cabo esta investigación,[3]así como o atraso en Francia na medicina sexual específica para as mulleres.[6]

Este traballo foi recibido de forma diferente na comunidade médica. "Os médicos non leron o seu libro sobre o clítoris", comentou o xinecólogo obstetra francés e profesor universitario, Israel Nisand, "consideran que é un traballo servil. Pero a ela non lle importa, non está aquí para buscar honras e divírtelle moito velos petiscar o nariz!".[2]

Noutro traballo, Sale temps pour les femmes, publicado en 2013, Odile Buisson mostrou a súa preocupación polos efectos combinados da excesiva liberalización económica do sector médico (esixir que o hospital sexa un negocio rendible) e a crise de confianza que provoca a medicina científica que sofre cada vez máis e dos excesos, segundo ela, dun certo “retorno á natureza”.[7]Tamén retomou temas que ela abordara en columnas do xornal Le Monde, sobre a necesidade de salvagardar os avances realizados nas últimas décadas en xinecoloxía así como a rede de especialistas existente en Francia.[8][9]

É asinante da plataforma "100 mulleres por outra palabra" publicado o 9 de xaneiro de 2018 no xornal Le Monde[10] xunto ás actrices Catherine Deneuve e Brigitte Lahaie, e as xornalistas Peggy Sastre e Elisabeth Levy. Este foro defende a "liberdade para molestar", en reacción á onda de denuncias de agresións e acoso sexual que seguiu ao caso Weinstein no outono de 2017.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Genthialon, Anne-Claire. "Odile Buisson : le point G…ynéco". Libération (en francés). Consultado o 2024-01-21. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Genthialon, Anne-Claire. "Odile Buisson : le point G…ynéco". Libération (en francés). Consultado o 2024-01-19. 
  3. 3,0 3,1 "Cachez ce clitoris…". Madame Figaro (en francés). 2011-02-22. Consultado o 2024-01-19. 
  4. "A la source du plaisir féminin". Le Monde.fr (en francés). 2011-06-18. Consultado o 2024-01-19. 
  5. "Sobre la expresión PUNTO G". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2024-01-21. 
  6. "Faut-il avoir peur du point G ? Une rencontre avec Odile Buisson - le Plus". leplus.nouvelobs.com (en francés). 2011-09-13. Consultado o 2024-01-19. 
  7. "Les femmes et la médecine : vers un grand bond en arrière ? L'alarme d'Odile Buisson - le Plus". leplus.nouvelobs.com (en francés). 2013-03-06. Consultado o 2024-01-19. 
  8. "La disparition annoncée des gynécologues et des généralistes de la santé génésique". Le Monde.fr (en francés). 2012-03-29. Consultado o 2024-01-19. 
  9. "Dépistage prénatal : Les marchands de risques, par Alexandra Benachi, Roland Gori, Odile Buisson...". Le Monde.fr (en francés). 2009-11-25. Consultado o 2024-01-19. 
  10. "« Nous défendons une liberté d’importuner, indispensable à la liberté sexuelle »". ISSN 1950-6244. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar