Obras de Antoni Gaudí (Patrimonio da Humanidade)

As obras de Antoni Gaudí, arquitecto (1852-1926), están declaradas Patrimonio da Humanidade. A maioría son edificios de estilo modernista que se atopan na cidade de Barcelona ou a súa bisbarra, aínda que tamén proxectou algúns edificios para outras zonas de España. Inicialmente, declarouse patrimonio da Humanidade o «Parque Güell, o Palau Güell e a Casa Milà en Barcelona» (1984), pero decidiuse ampliar no ano 2005 a outras catro edificacións deseñadas por Antoni Gaudí, pasando a chamarse «Obras de Antoni Gaudí». Todas elas, considera a Unesco, «testifican a excepcional contribución creativa de Gaudí ao desenvolvemento da arquitectura e tecnoloxía construtiva de finais do século XIX e principios do XX».

Obras de Antoni Gaudí
[[Ficheiro:
colaxe obras Gaudí|300px]]
todas as obras declaradas
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Localización41°24′7″N 2°10′17″L / 41.40194, -2.17139
TipoCultural
CriteriosI, II, IV
Inscrición1984 (8º sesión, rev. 2005)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador320

Os sete edificios son:

Código Nome Ano inscrición Localización Área Área tampón Coordenadas
320-001 Parque Güell 1984 Barcelona 10,79 9,74 41°24′59.6″N 2°09′07.7″L / 41.416556, -2.152139
320-002 Palau Güell 1984 Barcelona 0,17 3,66 41°22′50.5″N 2°10′30.6″L / 41.380694, -2.175167
320-003 Casa Milà 1984 Barcelona 0,5 11,17 41°23′51.3″N 2°09′46.9″L / 41.397583, -2.163028
320-004 Casa Vicens 2005 Barcelona 0,12 4,23 41°22′50.5″N 2°10′30.6″L / 41.380694, -2.175167
320-005 Fachada da Natividade e cripta da Sagrada Familia 2005 Barcelona 0,19 7,22 41°24′19.8″N 2°10′30.2″L / 41.405500, -2.175056
320-006 Casa Batlló 2005 Barcelona 0,46 1,02 41°22′00.3″N 2°09′59.0″L / 41.366750, -2.166389
320-007 Cripta da Colonia Güell 2005 Santa Coloma de Cervelló 0,22 0,32 41°23′16″N 2°10′30″L / 41.38778, -2.17500

Nota editar

Antoni Gaudí realizou outras obras de gran valor artístico e monumental como:

  1. A Casa Botines en León capital.
  2. O Palacio Episcopal de Astorga, en Astorga (León).
  3. O Capricho en Comillas (Cantabria).
  4. Bodegas Güell en Garraf (Barcelona).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar