Palacio Episcopal de Astorga

Coordenadas: 42°27′28″N 6°03′22″O / 42.4578, -6.056

O Palacio Episcopal de Astorga é un edificio proxectado polo arquitecto modernista Antoni Gaudí. Está situado na cidade de Astorga, na provincia de León. A súa construción levouse a cabo entre 1889 e 1915.

Palacio Episcopal de Astorga.

Historia e características editar

Esta obra pertence ao período neogótico de Gaudí (1888-1898), etapa en que o arquitecto se inspirou sobre todo na arte gótica medieval, o cal asume de forma libre, persoal, tentando mellorar as súas solucións estruturais. O neogótico foi naquela época un dos estilos historicistas de maior éxito, sobre todo por mor dos estudos teóricos de Viollet-le-Duc. Gaudí estudou con profundidade o gótico catalán, balear e rosellonés, así como o leonés e o castelán nas súas estancias en León e Burgos, chegando ao convencemento de que era un estilo imperfecto, a medio resolver. Nas súas obras elimina a necesidade de contrafortes mediante o emprego de superficies regradas, e suprime cresterías e calados excesivos.

Desde 1962 o palacio alberga o Museo dos Camiños, dedicado ao Camiño de Santiago. O edificio foi catalogado como Ben de Interese Cultural o 24 de xullo de 1969.

É unha das tres únicas obras de Gaudí fóra de Cataluña, xunto á Casa Botines de León e El Capricho de Comillas (Cantabria).

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar