Santa Coloma de Cervelló
Coordenadas: 41°22′07″N 2°01′03″L / 41.36861, -2.01750
Santa Coloma de Cervelló é un municipio da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Llobregat. Está situado na marxe dereita do río Llobregat, ao pé da montaña de Montpedrós, e esténdese ata os contrafortes orientais do macizo do Garraf.
Santa Coloma de Cervelló | |||
---|---|---|---|
Cripta da Colònia Güell | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | Barcelona | ||
Comarca | Baix Llobregat | ||
Xeografía | |||
Altitude | 73 msnm | ||
Superficie | 7,5 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 8.082 hab. (2017) | ||
Densidade | 1.077,6 hab/km² | ||
Xentilicio | Colomí, colomina | ||
Outros datos | |||
Código postal | 08690 | ||
Alcalde | Gerard Segú i López (Progrés-ICV-EPM) | ||
www.santacolomadecervello.cat |
O seu termo municipal limita cos concellos de Sant Boi de Llobregat, Torrelles de Llobregat, Sant Vicenç dels Horts, Sant Feliu de Llobregat e Sant Joan Despí. Ten unha poboación de 8.082 habitantes (2017) agrupados en dúas entidades de poboación: Santa Coloma de Cervelló e la Colònia Güell.
Na parte chaira do concello, xunto ao río Llobregat, predominan os cultivos de regadío, mentres que na zona de montaña altérnanse bosques e cultivos de secaño. Non obstante, a súa economía baséase nunha variada industria con sectores como a metalurxia, a química e tamén a construción.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santa Coloma de Cervelló |