Macizo do Garraf
Coordenadas: 41°17′29″N 1°52′30″L / 41.29143056, 1.87501667
O Macizo do Garraf (en catalán: Massís del Garraf) é un macizo montañoso situado na Cordilleira Litoral de Cataluña.

Ocupa unha área triangular entre o val do Llobregat, a depresión do Penedès e o mar Mediterráneo, constituíndo un conxunto de montañas baixas, con alturas máximas arredor dos 600 metros.
O Macizo do Garraf perde altura cara a poñente e desaparece preto de El Vendrell, onde a depresión litoral se ve limitada polo mar. O macizo presenta unha superficie de preto de 9.967 ha, que orográficamente vai dende o nivel do mar ata os 593 metros do cume de La Morella.
As montañas do Garraf son de tipo calcario con moitas simas e covas. A palmeira anana é unha especie endémica no macizo do Garraf.
Parte do macizo está protexida formando parte do Parque Natural do Garraf e do Parque de Olèrdola.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Macizo do Garraf |
- Información sobre o macizo do Garraf Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (en catalán)