O corno

filme de 2023 dirixido por Jaione Camborda

O corno é un filme galego de 2023 dirixido e escrito por Jaione Camborda e protagonizado por Janet Novás, Siobhan Fernandes e Carla Rivas. Foi rodado en lingua galega.[2] Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2023 antes de presentarse á 71ª edición do Festival Internacional de Cine de Donostia, onde se converteu no primeiro filme en galego en competir na sección oficial.[3]

O corno
Ficha técnica
Título orixinalO corno
DirectorJaione Camborda
GuiónJaione Camborda
MúsicaCamilo Sanabria
FotografíaRui Poças
MontaxeCristóbal Fernández
Estrea11 de outubro de 2023
Duración103 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama
Recadación411.366,79 €[1]
Na rede
IMDB: tt21920634 Filmaffinity: 212116 Allocine: 305864 Editar o valor en Wikidata

O 30 de setembro de 2023 converteuse tamén no primeiro filme en galego en gañar a Cuncha de Ouro á mellor película no Festival de Donostia.[4]

Sinopse

editar

Ambientado na Illa de Arousa en 1971, o filme conta a historia de María, unha muller que traballa como mariscadora. Tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres nos partos empregando cornizó. Logo dun inesperado suceso, foxe e comeza unha perigosa viaxe cruzando a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal.

Personaxes

editar
  • Janet Novás como María
  • Siobhan Fernandes como Anabela
  • Carla Rivas como Luisa
  • Daniela Hernán Marchán como Ángela
  • María Lado como Teresa
  • Julia Gómez como Carmen
  • José Navarro como Marcos
  • Nuria Lestegás como Mabel
  • Darío Fernández Raposo como Manuel
  • Diego Anido como Juan
  • Filomena Gigante como Belén

Rodaxe

editar

O filme foi rodado nas comarcas do Salnés e Baixo Miño, na provincia de Pontevedra, e no Alto Minho, en Portugal.

Premios

editar

Nos Premios Mestre Mateo de 2024 levou sete premios: longametraxe, maquillaxe e perruquería (Bárbara Brouke, Lorena Calvo e Silvia Neira), vestiario (Uxía Vaello), guión (Jaione Camborda), son (Sergio Silva e David Machado), dirección de arte (Melania Freire), dirección Jaione Camborda).[5]

  1. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de O corno". Consultado o 20 de abril de 2024. 
  2. "'O Corno', la primera película en gallego que competirá por la Concha de Oro de San Sebastián". El Diario. 14 de xullo de 2023. Consultado o 6 de setembro de 2023. 
  3. "‘O corno’, de Jaione Camborda, se estrenará en Toronto antes de competir por la Concha de Oro". cineconn.es. 3 de agosto de 2023. Consultado o 6 de setembro de 2023. 
  4. "'O Corno' de Jaione Camborda fai historia ao gañar a Cuncha de Ouro cun filme en galego". G24. Consultado o 2023-10-01. 
  5. Diario, Nós (2024-03-23). "'O Corno' arrasa nos Mestre Mateo con sete premios, incluído o de Mellor Longametraxe: consulta aquí todas as gañadoras". Nós Diario. Consultado o 2024-03-24. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar