O Puxedo, San Paio de Araúxo, Lobios
O Puxedo é un lugar da parroquia de San Paio de Araúxo no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Tiña 40 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE[1] e do IGE[2], dos cales 22 eran homes e 18 mulleres.
San Paio de Araúxo | |
---|---|
Parroquia | San Paio de Araúxo |
Concello | Lobios |
Coordenadas | 41°53′53″N 8°02′09″O / 41.89805556, -8.03583333 |
Poboación | 40 hab. (2014) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarO Puxedo ten un conxunto monumental formado por:[3]
- Capela de San Antonio, de estilo neoclásico cun retablo con elementos propios do barroco rural.
- Peto de ánimas, concibido como un arco de triunfo adoelado atópase no centro da praza, nun cruzamento de catro camiños. É o exemplar de maiores dimensións que se conserva na provincia de Ourense.
- Palco de música, construído a comezos do século XX e onde actuaban as bandas de música.
- Arredor da praza, presidida por un carballo centenario aparecen numerosos cruceiros dispostos de xeito circular.
Esta área, lugar de xuntanza veciñal, constituíu un importante centro de culto dende que a comezos do século XVIII se trouxo a figura de Santo Antonio dende Lisboa tirada por un carro de bois e se situou na capela. O 13 de xuño celébrase unha romaría.[4]
Na parte alta do Puxedo atópanse os antigos currais (curros da res)[3] onde se acollía pola noite o gando, principalmente ovellas e cabras, que pacían no monte comunal. Trátase dun conxunto de construcións dispostas unhas a continuación das outras de reducida dimensión construídas en pedra e cubertas antigamente con teitos de colmo.
Ata os anos sesenta había un forno comunitario que se vendeu para poder mercar pólvora para a construción da estrada ata o lugar.[3] Cincuenta anos despois, a Asociación de Veciños adquiriu e rehabilitou un antigo curral e instalou no seu interior un forno doado por un veciño da aldea.[5]
O Puxedo ten un total de vinte e oito hórreos,[3] chamados canastros na comarca, a maioría construídos en pedra granítica. Os máis antigos, como o hórreo da Laxeira, datan de comezos do século XIX. O maior conxunto de hórreos está na Eira da Cruz.
Itinerario etnográfico do Puxedo
editarO Puxedo conta cunha ruta[6] que percorre estes elementos patrimoniais, ademais de catro airas de mallar[7] (espazos enlousados de carácter comunitario) e varias fontes. O itinerario iníciase na Eira do Toco e remata no forno de pan comunitario.
Ciclo do pan
editarO patrimonio etnográfico do Puxedo está determinado polo ciclo do pan.[3] A elaboración do pan era un ciclo complexo que daba lugar a tipos de contrucións moi especializadas: eiras, hórreos, muíños e fornos, que foron sempre lugar de encontro dos veciños e escenarios de contos e cantigas.
Lugares e parroquias
editarLugares de San Paio de Araúxo
editarLugares da parroquia de San Paio de Araúxo no concello de Lobios na provincia de Ourense | |
---|---|
Bouzas | Briñidelo | Esperanzo | Guende | Prancibe | O Puxedo | O Reguengo | San Paio |
Parroquias de Lobios
editarNotas
editar- ↑ INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 8 de agosto de 2013.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia – Lobios – O Puxedo" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 8 de agosto de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Fernández, Laura (28 de abril de 2014). "Jubilados con vocación de guías". La Región (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2015.
- ↑ [1]
- ↑ "Puxedo rehabilita un horno comunitario que se integra en la ruta etnográfica". Faro de Vigo. 12 de abril de 2015. Consultado o 25 de outubro de 2015.
- ↑ Fernández, Laura (16 de febreiro de 2015). "Vecinos del Xurés recuperan su patrimonio etnográfico". La Región (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2015.
- ↑ "Lobios recupera las “airas" de Puxedo para el turismo". La Región (en castelán). 8 de outubro de 2014. Consultado o 25 de outubro de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Vecinos de Puxedo crean una nueva ruta etnográfica dentro del parque natural
- La conselleira de Medio Rural elogia a Puxedo por proteger el patrimonio
- La capilla de Puxedo, en Lobios, renueva el retablo mayor
- Puxedo, unha ruta etnográfica perfecta
- La Xunta licita tres obras de agua y saneamiento en Lobios