O Apóstolo

filme de 2012 dirixido por Fernando Cortizo

O Apóstolo é un filme galego de 2012 dirixido por Fernando Cortizo. É o primeiro filme de animación stop motion en tres dimensións realizado en Europa. O filme foi estreado en 80 salas de toda España. A produción levou catro anos de traballo.[3] O 25 de outubro de 2022, coincidindo co seu 10º aniversario, o propio director publicou a película en Youtube, cunha mensaxe pedindo doazóns e culpando á distribuidora de falta de pagamentos e incumprimento do contrato.[4]

O Apóstolo
Ficha técnica
Título orixinalO Apóstolo
DirectorFernando Cortizo
ProdutorRosalía Mera, Artefacto Producciones
GuiónFernando Cortizo
IntérpretesCarlos Blanco
Luís Tosar
Jorge Sanz
Isabel Blanco
MúsicaXavier Font, Arturo Vaquero
FotografíaMatthew Hazelrig
MontaxeFernando Alfonsin
DistribuidoraAquelarre Cine
Estrea31 de outubro de 2012
Duración72 minutos
OrixeGalicia Galiza
XéneroAnimación. Fantástico. Intriga. Terror, Stop Motion. Claymation (Plastilina)
Orzamento7,5 millóns de euros[1]
Recadación62.162,88 €[2]
Na rede
http://www.oapostolo.com/
IMDB: tt1331294 Filmaffinity: 590988 Allocine: 182911 Rottentomatoes: m/the_apostle_2012
Facebook: oapostolo Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

Un preso foxe do cárcere para tentar atopar un tesouro agochado vai anos nunha aldea do Camiño de Santiago, pero o que atopa suporalle unha condena maior da que fuxiu. Vellos misteriosos, estrañas desaparicións, trasnos, un cura estraño e o arcipreste de Santiago xúntanse no camiño. Un filme de misterio, humor, animación e invención.

Personaxes

editar

Galardóns e nomeamentos

editar
 
Fernando Cortizo, director de O Apóstolo nunha entrevista no 2012.
  • Primeiro premio no XI Festival de Cine Español de Marsella (2012)
  • Premio á Mellor Película de Animación no XXII Festival Internacional de cine de animación ANIMAMUNDI (Brasil) (2014)
Ano Categoría Receptor Resultado
11ª edición Mellor filme Rosalía Mera e Artefacto Producciones Gañador
Mellor director Fernando Cortizo Gañador
Mellor guión Fernando Cortizo Nomeado
Mellor dirección de produción Marta García Gañadora
Mellor dirección artística María Hernanz Gañadora
Mellor montaxe Fernando Alfonsín Nomeado
Mellor música orixinal Xavier Font, Arturo Vaquero e Philip Glass Gañadores
Mellor son David Machado, Diego S. Staub e Miguel Barbosa Gañadores
Mellor fotografía David Nardi Nomeado
Mellor deseño de vestiario Valentin Duranthon Nomeado
Ano Categoría Resultado
2012 Mellor filme de animación Candidato
  1. "“O Apóstolo”, una gran apuesta por la animación. planderodaje.com". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2013. 
  2. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de O Apóstolo". Consultado o 2 de novembro de 2019. 
  3. "La película 'O Apóstolo' se estrena esta semana en 80 salas de cine". El País (en castelán). 30 de outubro de 2012. 
  4. santos, ágatha de (2022-10-30). "‘O apóstolo’ celebra sus diez años con un visionado ‘online’ gratis". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-11-24. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar