Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela

(Redirección desde «OUSC»)

A Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela (OUSC), creada no curso 2010-2011 co nome de Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela,[1] e unha orquestra de cámara que naceu co obxectivo de impulsar nos universitarios e, por extensión, na cidadanía de Compostela, un proxecto educativo e cultural no que o eixo fundamental é a música. O seu director, desde a data da súa fundación, é o mestre Mario Diz.[2]

Historia editar

Creada pola Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, o grupo que conforma a Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela (uns 60 integrantes)[2] procura de maneira prioritaria a formación musical dos seus membros que, semana tras semana, adquiren un maior compromiso co estudo e a difusión dos valores da música. Para este fin, conta con e agradece todo tipo de colaboracións, que se van plasmando de xeito diverso en cada proxecto.[3]

Desde o 2010 a Orquestra da Universidade afondou en proxectos tan ilusionantes como o aniversario de Debussy co Concerto de Harpa e Orquestra de dito autor, interpretado pola solista Reyes Gómez especialmente convidada para este evento, o Concerto de Violonchelo en Re maior de Haydn, interpretado por Carlos G. Amigo, o monográfico sobre Astor Piazzolla, o monográfico sobre a música galega no que o solista Gregori Nedobora interpretou o 1º Concerto dans le Style Antique, para violín, do compositor e violinista galego Manuel Quiroga. Na temporada 2014-15 interpretou xunto ao coro vigués Gli Apassionati un Magnificat de J. S. Bach e o Gloria de Vivaldi.[3]

Para celebrar o seu quinto aniversario, en 2006, a orquestra publicou unha gravación conmemorativa, en dous CDs, baixo o título Un lustro de historia, noa que se recollen dezaoito obras gravadas en directo en diferentes concertos que ofreceu desde a súa posta en marcha no curso 2010-2011, entre elas varias obras do patrimonio cultural galego, como Camiño de Santiago, de Henrique Saavedra, que supón a única gravación con orquestra até o momento desta obra, o citado Concerto de violín de Manuel Quiroga e a Impresión nocturna, do coruñés Andrés Gaos.[2]

En colaboración coa Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela[4] realizou unha versión do musical Sweeney Todd de Stephen Sondheim. Participou tamén nas Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela desde o seu inicio, xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia como unha das tres orquestras convidadas. Ao longo da sñua curta vida incorporáronse ao proxecto diversos profesores da orquestra da cidade, a Real Filharmonía de Galicia, así como profesores relevantes do ámbito musical galego.[3]

Ao longo da súa traxectoria, pola orquestra pasaron máis de 200 estudiantes, ofrecendo 25 programas diferentes en máis dunha trintena de concertos, aos que asistiron máis de 3.200 espectadores.[2]

A Orquestra da USC recentemente foi incluída na rede de Orquestras Universitarias Europeas, ENUO,[5] no que participan orquestras de máis de 28 nacionalidades de todaEuropa.[3]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar