Abrir o menú principal

Astor Piazzolla

bandoneonista e compositor arxentino

Astor Pantaleón Piazzolla, nado en Mar del Plata o 11 de marzo de 1921 e finado en Buenos Aires o 4 de xullo de 1992, foi un bandoneonista e compositor arxentino.

Astor Piazzolla
Astor Piazzolla.jpg
Nome completoAstor Pantaleón Piazzolla
Nacemento11 de marzo de 1921
 Mar del Plata
Falecemento4 de xullo de 1992
 Buenos Aires
SoterradoCemiterio de La Chacarita
NacionalidadeArxentina
Ocupacióncompositor, bandoneonista, director de orquestra e compositor de bandas sonoras
PremiosCésar Award for Best Music Written for a Film
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi un dos músicos de tango máis importantes da segunda metade do século XX. Estudou harmonía e música clásica e contemporánea coa compositora e directora de orquestra francesa Nadia Boulanger. Na súa mocidade tocou e realizou arranxos orquestrais para o bandoneonista, compositor e director Aníbal Troilo. Cando comezou a facer innovacións no tango (no que respecta a ritmo, timbres e harmonía) foi moi criticado polos tangueros da vella escola, ortodoxos en canto a ritmo, melodía e orquestración. Nos anos posteriores sería reivindicado por intelectuais e músicos de rock.

Cando nos anos cincuenta e sesenta os tangueros ortodoxos -que o consideraban «o asasino do tango»- decretaron que as súas composicións non eran tango, Piazzolla respondeu cunha nova definición: «É música contemporánea de Buenos Aires».

As súas obras non eran difundidas polas estacións de radio e os comentaristas seguían a atacar a súa arte. Os selos discográficos non se atrevían a editala. Considerárono un snob irrespetuoso que compuña música híbrida, con exabruptos de harmonía disonante.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar