Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
A Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela é un proxecto educativo no que participan estudantes e mesmo outras persoas que saben tocar un instrumento orquestral.[1]
A orquestra ten a súa orixe en 2010, aínda que ofrece o seu primeiro concerto en 2011, realiza cada curso escolar unha convocatoria pública, polo menos, para a selección e admisión para pertencer á formación. Os diferentes instrumentos para os que se realizan probas de admisión son violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón, tuba, clave, órgano, percusión e arpa.
O vestiario dos membros do grupo nas actuacións é de cor negra, toda a indumentaria: camisa, pantalón, vestido e zapatos son de cor negra.
Nas actuacións desta orquestra é frecuente vela acompañada por solistas alleos á formación. Esta orquestra ofrece concertos públicos e gratuítos repartidos ao longo do curso escolar.
Dirección musical
editarDende a súa fundación en 2010 está baixo a batuta de Mario Diz.
Mario Diz, é un músico discípulo do mestre Antón García Abril, que desenvolve a súa carreira profesional ligada a diversos proxectos, ademais do xa mencionado. Exerce nos últimos anos unha intensa actividade compositiva para diferentes agrupacións profesionais e didácticas ademais de continuar a súa actividade como profesor de violín e viola na Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.
Participantes
editarNeste proxecto participan dous grupos de músicos:
- Grupo residente: Son membros da Comunidade Universitaria da USC con coñecementos previos de tocar algún instrumento pertencente á disposición instrumental da Orquestra do Espazo de Cámara da USC.
- Grupo interino: Son compoñentes de orquestra pero non son membros da Comunidade Universitaria da USC, son estudantes de música de centros oficiais e/ou escolas de música e superaron unha proba específica para ingresar na Orquestra do Espazo de Cámara da USC.
Acontecementos
editarEspazo de Cámara ofrece concertos gratuítos e de asistencia libre ao longo do curso escolar. Aínda que o seu primeiro concerto tivo lugar a mediados de abril de 2011, o primeiro concerto oficial desta formación tivo lugar o 17 de xuño de 2011, na igrexa da Universidade, co programa seguinte:
- Sinfonía “Ao Santo Sepolcro” Rv 169 - Antonio Vivaldi (Venecia 1678, Viena 1741)
- Concerto para cordas en Re Maior Rv121 - Antonio Vivaldi
- Seis Danzas Galegas, Suite. – Mario Diz
Premio de composición musical
editarA Orquestra de Espazo de Cámara da Universidade de Santiago de Compostela xunto coa Area de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, promoveu no 2017 o "I premio de Composición musical OUSC" a nivel nacional[2]. As obras gañadoras ex aequo desta primeira edición foron:
- “Danza del Gato” KMV28 de Klaus Martínez Veiga
- “Inferno” de Sergio Rodríguez Pena
- “Auga en Movemento” de Juan Daniel Romero Pérez
Sendo excelentísimo tribunal o compositor e mestre Fernando Buide del Real, o director Mario Diz e Pablo Sampedro Magán representante da Área de Cultura da USC[3].
Notas
editar- ↑ "Espazo de Cámara da USC".
- ↑ I Premio Composición Musical OUSC. "ORQUESTRA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA".
- ↑ Tribunal. "I Premio de Composición Musical OUSC".