Fernando Buide del Real

compositor galego

Fernando Buide del Real, nado en Santiago de Compostela en 1980, é un compositor e mestre galego. En 2013 acadou o premio Nacional de composición [AEOS]-BBVA pola súa obra Fragmentos del satiricón.

Infotaula de personaFernando Buide del Real
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Yale
Real Academia de España en Roma (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: b997120f-863f-4baf-b526-8a9bcdac41a0 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Doutor en Artes Musicais pola Universidade Yale e I Premio Michael Friedmann de investigación doutoral polo seu traballo sobre a terceira sinfonía de Roberto Gerhard. É mestre na especialidade de Piano e órgano polo Conservatorio Superior de Oviedo. Foi compositor residente na Real Academia de España en Roma.

É un dos compositores de vangarda mais salientables do panorama estatal. A súa música foi interpretada pola Orquestra Sinfónica de Minnesota, Orquestra Sinfónica de Yale, Philarmónica Carnegie Mellon, Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Jonde, Festival Mozart, Festclásica.

É bolseiro da Fundación BBVA Leonardos del siglo XXI pola nova composición dunha ópera, prevista para o outono de 2019.

Na actualidade é profesor de composición no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Recoñecementos editar

  • Gañador da VII edición del premio de composición orquestal AEOS-BBVA 2013
  • I Premio de composición Harry Archer da Universidade Carnegie Mellon de Pittsburgh.
  • Premio Andrés Segovia – José Miguel Ruíz Morales do Curso Música en Compostela
  • Premio Michael Friedmann de investigación doutoral polo seu traballo sobre a terceira sinfonía de Roberto Gerhard
  • Gañador da VII edición do premio de composición orquestral AEOS-BBVA

Obra editar

  • Such Places as Memory (2005)
  • Tropos (2007)
  • Tiento, a dos pianos (2007)
  • Antiphones (2008)
  • Aparición (2009), encargo do Festival Via Stellae
  • Pico Sacro (2009), encargo de FestClásica en conmemoración do centenario de Isaac Albéniz
  • Paisaxe suspendida (2010), encargo da AEOS
  • Lingua de escuma (2011), encargo da Orquestra Sinfónica de Galicia no seu XX aniversario
  • Sinfonía no. 1 de Gustav Mahler (2012), versión para orquestra reducida, encargo da Real Philharmonía de Galicia
  • Fragmentos del Satiricón (2013), gañadora da VII edición do premio AEOS-BBVA
  • Eupalinos (2013), encargo do CNDM
  • Mar ao norde (2014), encargo da Real Philharmonía de Galicia
  • Pasaxes (2016), encargo da Aeos/Fundación SGAE
  • Dous cantares (2016)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar