Numídidos
Numididae | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Numida meleagris | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xénero | |||||||||||||
Os numídidos (Numididae), chamados en varios idiomas galiñas de Guinea ou pintadas, son unha familia de aves da orde Galliformes. Son endémicas do continente africano e encóntranse entre as aves galiformes máis antigas. Aínda que as especies de numídidos modernas son endémicas de África, a Numida meleagris foi introducida en moitos outros lugares.[1]
Taxonomía e evolución
editarSon filoxeneticamente intermedios entre os Phasianinae e os Odontophoridae. Unha liñaxe fósil do Eoceno chamada Telecrex[2], é hoxe represenada por Agelastes niger, que é unha especie actual nativa dos bosques primarios de África central. O fósil Telecrex, que habitaba en Mongolia, puido dar lugar aos máis antigos dos verdadeiros tetraofasiánidos como Ithaginis e Crossoptilon, que evolucionaron dando lugar a especies adaptadas a montañas de grande altitude cando se ergueu a meseta do Tíbet.
Velaquí unha lista de especies de numídidos:
- Xénero Agelastes
- Xénero Numida
- Xénero Guttera
- Guttera plumifera
- Guttera pucherani
- Guttera (pucherani) pucherani
- Guttera (pucherani) edouardi
- Xénero Acryllium
Descrición
editarAs aves desta familia, que comen insectos e sementes e aniñan no chan, lembran a perdices, pero con cabezas sen plumas, aínda que as dúas especies do xénero Guttera teñen unha distintiva crista negra na cabeza, e Acryllium vulturinum ten unha área suave marrón na caluga. A maioría das especies teñen unha plumaxe gris escura ou negra con densas pintas brancas, pero as especies do xénero Agelastes carecen de pintas (como tamén algunhas variedades da Numida meleagris). Aínda que varias especies son relativamente ben coñecidas, da Guttera plumifera e das do xénero Agelastes sábese pouco. Estas grandes aves miden de 40 a 71 cm de lonxitude e pesan de 700 a 1600 gramos.
Comportamento e ecoloxía
editarAs especies das que se ten información son normalmente monógamas, e aparéanse de por vida, ou son monógamas sucesivas; porén, hai excepcións ocasionais na Numida meleagris e na Guttera (pucherani) pucherani, das que hai informes de que son polígamas en catividade.[3] Todas as especies son sociais e normalmente viven en grupos pequenos ou grandes. Aínda que son monógamas, as especies dos xéneros Guttera, Agelastes e Acryllium tenden a unha poliandria social, un trazo compartido con outros galiformes primitivos como o Rollulus rouloul e o Afropavo congensis.
Os numídidos viaxan polo chan seguindo os rabaños de animais e aos monos que se desprazan polas árbores, para alimentarse de esterco e das cousas que lles caen aos monos das árbores. Xogan un papel importante no control das carrachas, moscas, lagostas, escorpións e outros invertebradoss. Capturan larvas no esterco e carcasas de animais mortos.
Todas as especies silvestres son, sen excepción, boas voadoras. Os seus músculos peitoriais son escuros, vascularizados e resistentes, polo que lles permiten manterse en voo durante longas distancias se se ven na necesidade. Os incendios da vexetación herbácea e arbustiva son unha constante ameaza para estas aves e o voo é o xeito máis eficaz de escapar deles.
Algunhas especies, como Acryllium vulturinum, poden pasar longos períodos sen beber auga, obtendo a humidade dos seus aimentos. As crías son moi semsibles ao tempo climático, especialmente ás temperaturas frías.
Distribución e hábitat
editarEncóntranse na África subsahariana, algunhas especies case en toda a súa extensión, outras están máis localizadas, como a Guttera plumifera da parte oriental de África central a a Acryllium vulturinum do nordeste de África. Viven en hábitats semiabertos como sabanas ou semidesertos, e algunhas, como a Agelastes niger, habitan principalmente en bosques. Algunhas poden pousarse ns copas das árbores.
A Numida meleagris foi introducida en África oriental, as Indias Occidentais, os Estados Unidos, Gran Bretaña e a India, onde se cría como alimento ou mascota.[4]
Como alimento
editarA súa carne é máis seca e magra que a de polo e ten un sabor forte a caza. Ten máis proteínas que a carne de polo ou pavo, aproximadamente a metade da graxa que a de polo e algo menos de calorías por gramo.[5] Os ovos destas aves son bastante máis nutritivos que os de polo.[6]
Notas
editar- ↑ Lever, Christopher (2005). Naturalised Birds of the World. London, United Kingdom: T & A D Poyser. pp. 24–26. ISBN 978-0-7136-7006-6.
- ↑ Storrs L. Olson Telecrex restudied: a small Eocene guineafowl ResearchGate.
- ↑ (Madge and McGowan, p. 345–352)
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2018. Consultado o 20 de xaneiro de 2017.
- ↑ USDA handbook #8 and circular #549, leclercq 1985
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xullo de 2015. Consultado o 20 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Numídidos |
Bibliografía
editar- Madge e McGowan, Pheasants, Partridges and Grouse. ISBN 0-7136-3966-0
- Martínez, I. (1994). "Family Numididae (Guineafowl)", p. 554–570 in; del Hoyo, J., Elliott, A. & Sargatal, J. eds. Handbook of the Birds of the World, Vol. 2. New World Vultures to Guineafowl. Lynx Edicions, Barcelona. ISBN 84-87334-15-6
Ligazóns externas
editar- Vídeos de numídidos Arquivado 16 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Internet Bird Collection
- artigo sobre os numídidos de Dennis Headley