Nora Navas

actriz española

Nora Navas Garcia, nada en Barcelona o 24 de abril de 1975, é unha actriz catalá de teatro, televisión e cinema. En 2010 recibiu a Cuncha de Prata no Festival de Cinema de Donostia e o Goya á mellor actriz polo seu papel no filme Pa negre, de Agustí Villaronga.[1]

Nora Navas
Nora Navas, XII Premis Gaudí (2020).jpg
Nacemento1975
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónactriz
PremiosGaudí Award for Best Actress in a Leading Role, Gaudí Award for Best Actress in a Leading Role e Premio Goya á mellor interpretación feminina protagonista
editar datos en Wikidata ]

En outubro de 2016 foi elixida vicepresidenta segunda da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, baixo as presidencias de Yvonne Blake e Mariano Barroso.[2]

TraxectoriaEditar

Novas comezou a súa carreira como actriz participando en distintas series da televisión catalá TV3. Tamén é unha das caras máis populares no teatro catalá por formar parte de numerosas montaxes.

En 2010 protagonizou Pa negre de Agustí Villaronga, un drama ambientado na Cataluña rural durante a posguerra española. Polo seu traballo no filme gañou un premios Goya, un premio Gaudí e a Cuncha de Prata.[3][4]

Tras rodar con Antonio Chavarrías e Imanol Uribe, en 2013 protagonizou Tots volem el millor per a ella, de Mar Coll.[1] Este filme proporcionoulle o premio á mellor actriz na Seminci de Valladolid, ademais doutro Gaudí á mellor actriz protagonista e unha candidatura aos Goya.[5][6]

As súas aparicións na televisión foron principalmente en telefilmes da televisión pública catalana entre os que se están Germanes (2012), Carta a Eva (2012), La llum d'Elna (2017) e La catedral del mar, entre outras.[7]

Porén, a maior parte da súa carreira profesional desenvolveuna no teatro participando en montaxes como Les bruixes de Salem, de Arthur Miller dirixida por Andrés Lima;[8] Bodas de sangre, de Federico García Lorca dirixida por Oriol Broggi;[9] Els veïns de dalt, escrita e dirixida por Cesc Gay;[10] e La casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca dirixida por Lluís Pasqual, entre moitas outras.[11]

FilmografíaEditar

CinemaEditar

Ano Título Dirección
2020 La Vampira de Barcelona Lluís Daniels
2020 Libertad Clara Roquet
2020 Adú Salvador Calvo
2019 Dolor y gloria Pedro Almodóvar
2018 Durante la tormenta Oriol Paulo
2018 Ola de crímenes Gracia Querejeta
2017 Formentera Lady Pau Durà
2016 El ciudadano ilustre Gastón Duprat e Mariano Cohn
Rumbos Manuela Burló Moreno
2015 Felices 140 Gracia Querejeta
L'adopció Daniela Féjerman
L'artèria invisible Pere Vilà Barceló
2014 Tres mentiras Ana Murugarren
2013 Tots volem el millor per a ella Mar Coll
2012 Miel de naranjas Imanol Uribe
Dictado Antonio Chavarrías
2010 Pa negre Agustí Villaronga
2006 Las vidas de Celia Antonio Chavarrías
Lo bueno de llorar Matías Bize
2003 Cualquiera David Marqués
1999 Un banco en el parque Agustí Vila

TelevisiónEditar

Ano Título Cadea de televisión Notas
2019 Les de l'hoquei TV3 e Netflix 13 episodios
2018 La catedral del mar Antena 3, TV3 e Netflix Miniserie
2017 La luz de Elna TVE e TV3 Telefilme
2014 El último baile de Carmen Amaya TV3 Telefilme
2013 Polseres vermelles TV3 1 episodio
2012 Carta a Eva TVE e TV3 Telefilme
Germanes TV3 Telefilme
2011 Meublé. La casita blanca TV3 Telefilme
El mar de plástico Canal Sur e TV3 Telefilme
2007 Trenhotel TV3 Telefilme
2006-2007 El cor de la ciutat TV3 4 episodios
2006 Jet Lag TV3 1 episodio
2005 Porca misèria TV3 7 episodios
Ventdelplà TV3 2 episodios
Més que germans TV3 Telefilme
2000 Crims TV3 3 episodios
1993 I ara què, Xènia? TV3 2 episodios

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Nora Navas vive su mejor momento profesional gracias Pa Negre". La Vanguardia (en castelán). 2 de marzo de 2012. Consultado o 4 de agosto de 2017. 
  2. "Yvonne Blake, elegida nueva presidenta de la Academia de Cine". RTVE.es (en castelán). 15 de outubro de 2016. Consultado o 3 de febreiro de 2019. 
  3. "Nora Navas, Goya a la mejor actriz por 'Pan negro'". Fotogramas (en castelán). 14 de febreiro de 2011. Consultado o 4 de agosto de 2017. 
  4. "'Pa Negre', gran triunfadora en los Gaudí con 13 galardones". El mundo (en castelán). 18 de xaneiro de 2011. Consultado o 4 de agosto de 2017. 
  5. El blog de cine español (27 de outubro de 2013). "Nora Navas premio a la mejor actriz en la seminci 2013". Consultado o 4 de agosto de 2017. 
  6. "Nora Navas, Gaudí a la millor actriu protagonista per 'Tots volem el millor per a ella'". La Vanguardia (en catalán). 2 de febreiro de 2014. Consultado o 4 de agosto de 2016. 
  7. El Periódico (16 de setembro de 2016). "'La catedral del mar' ya tiene los cimientos" (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2017. 
  8. "Lluís Homar protagoniza la 'caza de brujas' de Salem". El Periódico. 22 de xuño de 2016. Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  9. "'Bodas de sangre' de Oriol Broggi prorroga en septiembre". El Periódico (en castelán). 21 de xuño de 2017. Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  10. "Cesc Gay s'estrena com a director teatral amb 'Els veïns de dalt'". Diari Ara (en catalán). 18 de marzo de 2015. Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  11. "Lluís Pasqual estrena «La casa de Bernarda Alba» en el TNC". ABC (en castelán). 29 de abril de 2009. Consultado o 7 de agosto de 2017. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar