Nikolai Przewalski
Nikolai Mikháilovich Przhevalski ou Przewalski, ou Nikolai Mikháilovich Przhevalskiy, (en polaco Przewalski, en ruso Пржевальский, transliterado de varias maneras: Przhevalski, Prževalskij, Prjevalsky...), nado en Smolensk o 12 de abril de 1839 e finado en Karakol, rexión de Isiq-Köl o 1 de novembro de 1888, foi un xeógrafo e naturalista ruso, importante explorador de Asia Oriental e Asia Central.
Nikolai Przewalski | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Nikolai Mikháilovich Przewalski |
Nome de nacemento | Николай Михайлович Пржевальский |
Nacemento | 12 de abril (no calendario antigo, 31 de marzo) de 1839 |
Lugar de nacemento | ![]() |
Falecemento | 1 de novembro (no calendario antigo, 20 de outubro) de 1888 |
Lugar de falecemento | ![]() |
Causa | Febre tifoide |
Soterrado | Krakol |
Nacionalidade | Rusa |
Alma máter | General Staff Academy |
Ocupación | xeógrado, militar, explorador, naturalista |
Irmáns | Yevgeny Przhevalsky |
Premios | Medalla Constantin, Medalla Vega, Medalla Founder’s, Orde de Santo Estanislao, Orde de san Vladimir, Medalla Alexander von Humboldt, Orde das Palmas Académicas, Orde de Leopoldo e Medalla Real |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Przevalski naceu en Smolensk no seo dunha familia da nobreza polaca, cidade onde iniciou os seus estudos, antes de ingresar na Academia Militar de San Petersburgo. En 1864 foi profesor de xeografía na Escola Militar de Varsovia.
En 1867 Przevalski solicitou á Sociedade Xeográfica Rusa ser enviado a Irkutsk, no leste de Siberia. A súa intención era explorar a conca do río Ussuri, un afluente do Amur. Esta foi a súa primeira expedición de importancia, que durou dous anos. Przevalski publicou o diario da expedición co título Viaxes pola rexión do Ussuri, 1867-69.
Despois desta exploración realizou outras catro. E aínda que nunca chegou á súa meta final, a cidad de Lhasa, no Tíbet, viaxou a través de rexións descoñecidas, ao oeste, como o norte do Tíbet, a actual Qinghai e Zungaria.[1]
Przevalski contribuíu significativamente ao coñecemento europeo sobre a Asia Central, e foi o primeiro europeo que descubriu unha das pocas subespecies existentes do cabalo salvaxe, que hoxe leva o seu nome: Equus ferus przewalskii.[2]
Abreviatura (botánica)Editar
A abreviatura Przew. emprégase para recoñecer a Nikolai Przewalski como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
Abreviatura (zooloxía)Editar
A abreviatura Przewalski emprégase para indicar a Nikolai Przewalski como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
NotasEditar
- ↑ Luce Boulnois (2005): Silk road: monks, warriors & merchants (páx. 415). Florey, Australian Capital Territory: Odyssey Books. ISBN 9-6221-7721-2.
- ↑ Alexander Hellemans & Bryan Bunch (1988): The timetables of science (páx. 304). Nova York: Simon and Schuster. ISBN 0-6716-2130-0.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nikolai Przewalski |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Nikolai Przewalski |
BibliografíaEditar
- Meyer, Karl E. & Shareen-Blair Brysac (1999): Tournament of shadows: the great game and the race for empire in Central Asia. Nova York: Basic Books. ISBN 978-1-5824-3106-2.
Ligazóns externasEditar
- «Nikolai Mikhailovich Przhevalsky and the politics of russian imperialism», artigo de Kyrill Kunakhovich en IDP News, n.º 27 (en inglés). Consultado el 17 de marzo de 2019.
- Bibliografía relacionada con Nikolai Przewalski no catálogo da Biblioteca Nacional de Alemaña.
- [inglés http://viaf.org/viaf/30329262/]